Cesáreo López Pinal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCesáreo López Pinal
Biografía
Nacementomaio de 1867 Editar o valor em Wikidata
O Carballiño, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de decembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
O Carballiño, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde do Carballiño
1906 – 1906 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutico , poeta , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsTomás López Pinal Editar o valor em Wikidata

Cesáreo López Pinal, nado no Carballiño en maio de 1867 e finado no mesmo concello o 2 de decembro de 1936,[1] foi un farmacéutico, poeta e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Camilo López Valeiras e Peregrina Pinal Portabales. Estudou no Colexio dos Milagres (Baños de Molgas) e fixo o Bacharelato no Instituto de Segundo Ensino de Ourense en 1884. Colaborou en O Tio Marcos d'a Portela (onde sostivo unha polémica moi sonada con Eladio Rodríguez en 1886), O Novo Galiciano e A Monteira. O seu poema "A fuliada" foi premiado nos Xogos Florais de Betanzos de 1901. Tivo unha farmacia na praza maior do Carballiño. Foi alcalde do Carballiño en 1906.


Predecesor:
-
 
Alcalde do Carballiño
 
1906
Sucesor:
-

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 3-12-1936, p. 7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]