Saltar ao contido

Armental, Vilasantar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Armental
Igrexa da Nosa Señora da Laxe
ConcelloVilasantar[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°03′36″N 8°04′42″O / 43.06007, -8.07832
Poboación103 hab. (2019)
Entidades de poboación12[1]
[ editar datos en Wikidata ]

San Martiño de Armental[1] é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Vilasantar. Segundo o IGE en 2018 tiña 96 habitantes (53 homes e 43 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 161 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello, e incorpora desde 1867 a parroquia da Ciadella (do concello de Sobrado).

Armental no Catastro de Ensenada (1752).
Armental no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1845).[2]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situación

[editar | editar a fonte]

Armental sitúase no centro do concello de Vilasantar. Limita ao oeste coa parroquia de Vilasantar, ao sur con Présaras e Vilariño, ao leste con San Vicenzo de Curtis e ao norte con Fisteus (Curtis).

Hidrografía

[editar | editar a fonte]

Pola parroquia discorren varios varios ríos e regatos, cuxas augas acaban todas no río Tambre. O río Cabalar separa a parroquia de Armental das de Présaras e Vilariño, mentres que o seu afluente, o Rego das Lanzas, sepáraa de San Vicenzo. Ao norte, o río Albeiro e o seu afluente, o Rego de Follente, serven como límite con Fisteus. O río dos Muíños fai de límite coa parroquia de Vilasantar. Tamén atravesan a parroquia o Rego do Bidueiro e o Rego do Pontigo.[3]

É unha zona fría en inverno, con constantes xeadas pola noite e precipitacións que de cando en vez poden chegar a converterse en neve. No verán as temperaturas son suaves. Encádrase dentro do clima temperado.

Na reforma parroquial de 1867, levada a cabo persoalmente polo arcebispo de Santiago de Compostela, García Cuesta, suprimiuse a parroquia eclesiástica da Ciadella e agregouse á de Armental, trasladándose ademais a igrexa parroquial á da Laxe.[4][5]

Demografía

[editar | editar a fonte]

Século XVIII

[editar | editar a fonte]
1752[6] 1768[7] 1787[8]
VeciñosHabitantes
45208296

Século XIX

[editar | editar a fonte]
1826[9] 1831[10] 1836[11] 1845[2] 1857[12] 1860[13] 1887[14] 1900[15]
Veciños 36–5858 4870––
Habitantes 142403290290 332354399424

     Dicionarios xeográficos     Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOPC)     Censos (poboación de feito)

Século XX

[editar | editar a fonte]
1910[15] 1920[15] 1930[15] 1940[15] 1950[15] 1960[15] 1970[15] 1981[15] 1986[16] 1991[15] 1999[17] 2000[18]
Habitantes 389412399487519497358234222185161151

     Censos (poboación de feito)     Padrón municipal

Século XXI

[editar | editar a fonte]
2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010
145149150146140139134126124123
2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020
12611911310210610310296103
Fonte: IGE (padrón municipal)[19]
Gráfica de evolución demográfica de Armental entre 1887 e 2018
     Poboación de feito segundo os censos de poboación.     Poboación segundo o padrón municipal.

Etnografía

[editar | editar a fonte]

Festas e celebracións

[editar | editar a fonte]
  • Festa da Ascensión, celébrase na Laxe nos primeiros días de maio.
  • Romaría Nova, celébrase en Eirixe sobre a segunda fin de semana de agosto.
  • Festa do Outono, celébrase en Eirixe sobre o San Martiño.
  • Festa de Santa Lucía, celébrase en Eirixe sobre o 13 de decembro.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Armental

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Armental no concello de Vilasantar (A Coruña)

O Campo | O Castro | Eirixe | A Fonte | O Granxeo | A Laxe | Libioi | O Pazo | O Porto | Sesmonde | O Toural | Zanfoga

Parroquias de Vilasantar

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vilasantar

Armental (San Martiño) | Barbeito (San Salvador) | Mezonzo (Santa María) | Présaras (San Pedro) | San Vicenzo de Curtis (San Vicenzo) | Vilariño (Santa María) | Vilasantar (Santiago)

  1. 1 2 3 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
  2. 1 2 Madoz, Pascual (1845). Armental (San Martin de). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) II (Madrid). p. 574.
  3. ↑ "Información xeográfica de Galicia". mapas.xunta.gal. Consultado o 11 de decembro de 2018.
  4. ↑ "A reforma parroquial de 1867: a diocese de Santiago de Compostela". A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro (PDF). Xunta de Galicia. 2009. pp. 127–128, 141. ISBN 978-84-453-4777-5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de agosto de 2017. Consultado o 05 de decembro de 2018.
  5. ↑ "Arciprestado de Sobrado". Arquidiocese de Santiago de Compostela. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2018. Consultado o 3.12.2018.
  6. ↑ Censo de Población de la Corona de Castilla. Marqués de la Ensenada 1752 (PDF) (en castelán). II: Nomenclatores. Madrid: INE. 2016 [1993]. p. 121. ISBN 978-84-260-2716-0.
  7. ↑ Censo de Aranda (PDF) (en castelán). IX: Diócesis de Santiago, Segorbe y Segovia. Madrid: INE. 2013 [2011]. p. 39. ISBN 978-84-260-3760-2.
  8. ↑ Censo de 1787 “Floridablanca” (PDF) (en castelán). IV: Comunidades autónomas del Norte Atlántico. Madrid: INE. 2016 [1990]. p. 3829. ISBN 978-84-260-1970-7.
  9. ↑ Miñano, Sebastián (1826). Armental (San Martin de). Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal (en castelán) I (Madrid). p. 281.
  10. ↑ Armental (San Martin de). Diccionario geográfico universal (en castelán) I (Barcelona). 1831. p. 479.
  11. ↑ Fariña Jamardo, Xosé (1990). Os concellos galegos. Parte Xeral. Fundación Barrié. p. 142. ISBN 978-84-87819-06-3.
  12. ↑ Nomenclátor de los pueblos de España (en castelán). Madrid. 1858. p. 249.
  13. ↑ Nomenclátor estadístico de las parroquias que componen la provincia de La Coruña (en castelán). A Coruña. 1863. pp. 8–9. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2018. Consultado o 16 de novembro de 2018.
  14. ↑ "Provincia de La Coruña". Nomenclátor de las ciudades, villas, lugares, aldeas y demás entidades de población de España en 1.º de enero de 1888 (en castelán). III: Ciudad Real á Gerona. Madrid. 1892. p. 158.
  15. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Pazo Labrador, Alberto Xosé; Santos Solla, Xosé Manuel (1995). Poboación e territorio. As parroquias galegas nos últimos cen anos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. p. 123. ISBN 978-84-605-3156-2.
  16. ↑ Torres Luna, María Pilar de; Pérez Fariña, María Luisa; Santos Solla, Xosé Manuel (1989). Municipios y parroquias de Galicia (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 52. ISBN 978-84-7191-529-0.
  17. ↑ "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 1999" (XLS). Instituto Galego de Estatística (IGE).
  18. ↑ "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2000" (XLS). Instituto Galego de Estatística (IGE).
  19. ↑ Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos "2001" (XLS); "2002" (XLS); "2003" (XLS); "2004" (XLS); "2005" (XLS); "2006" (XLS); "2007" (XLS); "2008" (XLS); "2009" (XLS); "2010" (XLS); "2011" (XLS); "2012" (XLS); "2013" (XLS); "2014" (XLS); "2015" (XLS); "2016" (XLS) e "2017" (XLS). Instituto Galego de Estatística (IGE).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]