Pascual Madoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pascual Madoz
Pascual Madoz, de José Nin y Tudó (1873), Congreso de los Diputados (2).jpg
Nacemento17 de maio de 1805
Lugar de nacementoPamplona
Falecemento11 de decembro de 1870
Lugar de falecementoXénova
SoterradoCamposanto de Montjuïc
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Zaragoza e San Lorenzo School of the Piarists
Ocupaciónpolítico, avogado, xornalista, Ministro, estatístico, escritor e xeógrafo
Coñecido porDiccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar
PremiosHijo Adoptivo de Barcelona
Na rede
Galiciana: 446650 Dialnet: 1362959
editar datos en Wikidata ]

Pascual Madoz Ibáñez, nado en Pamplona o 17 de maio de 1806[1] e finado en Xénova o 13 de decembro de 1870, foi un político español de tendencia liberal. Tivo diversos cargos como gobernador de Barcelona, ministro de Facenda, deputado e presidente da Xunta Provisional Revolucionaria durante a revolución de 1868. É moi coñecido pola súa obra Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar tamén coñecido como Dicionario Madoz.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (Madrid, 1845).

Nado nunha familia humilde, en 1813 a súa familia trasládase a Barbastro (Huesca) onde comeza os estudos no Colexio San Lorenzo dos Pais das Escolas Pías (ou escolapios). Posteriormente, a partir de 1821 comeza os estudos de Dereito na Universidade de Zaragoza conseguindo, en 1825, o título de bacharel en Leis.[2]

Durante o segundo período absolutista do reinado de Fernando VII, a Década Ominosa, a defensa dos seus ideais liberais levarao a participar, en 1823, na Milicia Nacional, para a defensa de Zaragoza e de Monzón fronte os Cen Mil Fillos de San Luís, e onde será collido prisioneiro[3] e encarcerado. Máis tarde en 1831, tivo que se exiliar en Francia.[4] Alí, en París e en Tours adicouse ao estudo da Xeografía e da estatística.

En 1832, puido volver a España tras a amnistía decretada pola raíña María Cristina de Borbón, fixando a súa residencia en Barcelona, onde, a inicios de 1833, comeza a súa traxectoria profesional e política na que foi apoiado por liberais que despois formarían o Partido Progresista.

Traxectoria en Cataluña[editar | editar a fonte]

Consegue dirixir as oficinas do Diccionario geográfico universal (Barcelona, 1829–1834), que estaba a se publicar nesa cidade e onde chegou a dirixir de outubro a maio de 1835 o periódico "El Catalán". Tamén foi presidente da sociedade de Amigos Colaboradores, redactor da Colección de Causas Célebres, editou o seu primeiro libro titulado "Reseña sobre el Clero" e foi alcalde Maior de Barcelona, gobernador militar do Val de Arán e deputado en 1836.

Licenciado en Dereito en 1834, ese ano concibe xa un plano para crear un Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar, que lograría ver culminado en 1850.

En 1843, púxose á fronte dunha coalición progresista de oposición a Espartero. Tras a Vicalvarada de 1854, o 9 de agosto foi nomeado gobernador de Barcelona. Volveu logo ao seu escano de deputado; presidiu as Cortes, e o 21 de xaneiro de 1855 confióuselle o Ministerio de Facenda. Nesta ocasión, presentou o famoso proxecto de lei de Desamortización, que conseguiu ver aprobado e que se publicou o 1 de maio de 1855 na Gaceta de Madrid[1] e, posteriormente, o 31 de maio publicouse tamén a Instrución para levala a cabo.

Tras a revolución de 1868 (a «Gloriosa») foi gobernador de Madrid, cargo ao que tamén renunciou ao pouco tempo. Formou parte da oposición ao goberno provisional, e despois de votar a candidatura de Amadeo de Savoia para o vacante trono de España, formou parte da legación enviada a Florencia para ofrecerlle a ese príncipe a coroa, mais finou en Xénova repentinamente.


Predecesor:
Isabel II
(Raíña de España)

José Gutiérrez de la Concha
(Presidente do Consello de Ministros)
 Presidente da Xunta Provisional Revolucionaria 
1868
Sucesor:
Joaquín Aguirre de la Peña


Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Vázquez (2011); p. 17
  2. Artola (1987); p. 8
  3. "Madoz e Ibáñez, Pascual". Gran Enciclopedia Navarra. Consultado o 26-01-2018. 
  4. Paredes (1982); p.24.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Paredes Alonso, Francisco Javier (1982). Pascual Madoz (1805-1870): libertad y progreso monarquía isabelina. Barañáin (Navarra): Editorial Eunsa,Colección Histórica, nº 24. ISBN 9788431307608
  • Vázquez Guzmán, Juan Pedro (2011). La desamortización de Madoz en la provincia de Almería (1855-1936). Almería: Universidad de Almería. ISBN 978-84-8240-181-2. 
  • Artola Gallego, Miguel (marzo de 1987). "Pascual Madoz". Boletín Informativo de la Fundación March (Madrid). (Nº 168): pp. 3–14. ISSN 0210-4148

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]