Río Cabalar, río Tambre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Cabalar, río Tambre
O río Cabalar ao seu paso por Présaras
PaísEspaña España
rexiónGalicia Galicia
Nacementomonte Enxameado
ConcaRío Tambre
Cunca do río Tambre marcada en azul escuro

O río Cabalar é un curso fluvial galego, afluente do Tambre pola súa dereita.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Nace no monte Enxameado, no concello de Curtis. Atravesa a parroquia da Ciadella, do concello de Sobrado, en dirección sur. Xa no concello de Vilasantar, crúzao polas parroquias de Vilariño, San Vicenzo de Curtis e Présaras, para acabar desembocando no Tambre, na parroquia de Mezonzo.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Afluentes do río Cabalar por orde, dende o nacemento ata a desembocadura:

  1. Río do Pazo, desemboca preto de Ladrús, pola marxe dereita.[1]
  2. Rego de Chacente, desemboca preto de Chacente, pola marxe esquerda.[1]
  3. Río Pequeno, desemboca preto de A Casa do Vento, pola marxe esquerda.[1]
  4. Río Pedregoso, desemboca preto de Guillareo, pola marxe esquerda.[1]
  5. Rego das Lanzas, desemboca preto de A Laxe, pola marxe dereita.[1]
  6. Rego do Bidueiro, desemboca preto de Tamou, pola marxe dereita.[1]
  7. Río dos Muíños, desemboca preto da Fraga, pola marxe dereita.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Información xeográfica de Galicia". mapas.xunta.gal. Consultado o 2018-05-11. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]