Manuela García Freire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuela García Freire
Nacementoc. 1960
Lugar de nacementoPrésaras
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica e bibliotecaria
editar datos en Wikidata ]

Manuela García Freire, nada en Présaras, é unha bibliotecaria e política galega, que foi alcaldesa de Vilasantar de 2007 a 2011.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Presentouse por primeira vez á alcaldía de Vilasantar nas eleccións de 1999, obtendo dous concelleiros para o BNG. Nas seguintes eleccións (2003) mellorou os resultados conseguindo un concelleiro máis e finalmente no ano 2007, fíxose coa maioría absoluta, desbancando a José Manuel Taboada García, quen levaba 25 anos na alcaldía. Durante a súa lexislatura acometéronse numerosas obras como a traída de auga en Présaras ou a posta en marcha da concentración parcelaria de Barbeito.

Nas eleccións municipais de 2011, o BNG, encabezado de novo por Manuela García, perdeu a alcaldía por 27 votos fronte ao Partido Popular de Fernando Pérez. Manuela García continuou como edil e volveu a encabezar a candidatura do BNG nas eleccións de 2015, nas que o PP conseguiu outra vez a maioría absoluta. En 2016, deixou a acta de concelleira.[1]


Predecesor:
José Manuel Taboada García
 
Alcaldesa de Vilasantar
 
2007 - 2011
Sucesor:
Fernando Pérez Fernández

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]