José Manuel Taboada García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Manuel Taboada García
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José Manuel Taboada García, nado en Vilasantar, é un ex-político galego, que foi alcalde de Vilasantar durante 25 anos ininterrompidos, dende 1982 até 2007.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É fillo de Manuel Taboada López, último alcalde franquista de Vilasantar.

Accedeu á alcaldía en 1982, con 22 anos, substituíndo a Manuel García Novo, de UCD. Nas eleccións municipais de 1983, o seu paritdo, Alianza Popular, conseguiu 6 dos once escanos, logrando así maioría absoluta. Nas seguintes eleccións, as de 1987, conseguiu aumentar a 8 os escanos de AP, repetindo resultado nas de 1991, xa co nome de Partido Popular. Foi perdendo algúns escanos nas sucesivas eleccións, pero mantendo a maioría absoluta até o ano 2007, cando o BNG liderado por Manuela García Freire se fixo coa maioría absoluta con 5 escanos de 9.

Tras iso, deixou a política e volveu ao seu antigo emprego. O seu máximo referente foi Manuel Fraga.[1]


Predecesor:
Manuel García Novo
 Escudo de Vilasantar.svg
Alcalde de Vilasantar
 
1982-2007
Sucesor:
Manuela García Freire

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Entrevista a José Manuel Taboada García". Galicia Hoxe. 6 de maio de 2007. Consultado o 27 de agosto de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]