Revolta Maji Maji

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A revolta Maji Maji foi unha rebelión das tribos africanas nativas na África Oriental Alemá contra as autoridades coloniais, que tivo lugar entre 1905 e 1907.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Como resultado da repartición de África na Conferencia de Berlín entre as potencias europeas, Alemaña quedera con algunhas colonias esparexidas polo continente, entre elas a actual Tanzania, agás Zanzíbar chamada entón a África Oriental Alemá, a presenza alemá no interior da colonia era escaso, as autoridades alemás empregaban a forza para manter o control e asegurar o pagamento das taxas ou obrigar ao traballo forzado para construír estradas. Segundo o goberno da colonia o suroeste da colonia constituía un terreo ideal para o cultivo do algodón, así que o goberno concedeu concesións a uns poucos alemáns para cultivalo, aos nativos confiscouselles as terres e obrigouselles a traballar na cultivo do algodón a cambio dun salario escaso, a situación era desesperada en moitas comunidades.
En 1904 nunha pequena aldea, o feiticeiro Kinjikitile Ngwale afirmou estar posuído polo espírito dunha serpe chamada Hongo. Ngwale comeza a denominarse Bokero e a desenvolver a crenza que o pobo da África Oriental alemá estaba chamado a eliminar aos alemáns, e deu aos seus seguidores unha poción de guerra: auga (maji en Suahili) mesturada con aceite de ricino e grans de millo miúdo. Os peregrinos chegan por centos á aldea ao correrse a voz da chegada dun profeta

A revolta[editar | editar a fonte]

A revolta estoupa en xullo de 1905, os guerreio do maji maji queiman plantacións e granxas, matando aos seus ocupantes. Os seguidores do movemento de Bokero estaban pobremente armados, pero eran numerosos, e dende a orixe do rebelión nas montañas Matumbi no sur do que agora é Tanzania atacaron as gornicións alemáns. No sur da colonia os alemáns contaban con 458 soldados europeos e 588 nativos, pero estaban ben armados, polo que deciden fortificarse á espera da chegada de reforzos.
En agosto de 1905 varios milleiros de rebeldes Maji, dirixidos por outro outro feiticeiro, atacaron a gornición local de Mahenge defendida polo tenente von Hassen con 60 nativos e unha metralladora.
Os ngoni decidiron unirse á revolta con 5.000 guerreiros e atacaron Mahenge o 21 de outubro, pero foron igualmente rexeitados.
O káiser Guillerme enviou dous cruceiros coa súa dotación como reforzo, e cando en outubro chegaron de Alemaña 1.000 soldados, o conde Adolf von Götzen, o gobernador decidiu marchar ao sur para restaurar a orde, no seu avance os alemáns destruíron aldeas, gando e campos e reservas de alimentos utilizados polos rebeldes. En abril de 1906 o suroeste quedou pacificado.
No sueste a resistencia continuou en forma de guerrilla, pero os alemáns mesmo prohibiron cultivar para rendelos por fame e non foi ata agosto de 1907 no que se pacificou definitivamente o territorio.
Por causa da revolta morreron algúns miles centos de alemáns e 75.000 nativos e a colonia permaneceu en calma ata a Primeira Guerra Mundial.