Revolución de Zanzíbar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revolución de Zanzíbar
Parte de Guerra Fría
Spice Islands (Zanzibar highlighted).svg
Unguja e Pemba, as dúas illas principais de Zanzíbar.
Data 12 de xaneiro de 1964.
Lugar Zanzíbar
Coordenadas 6°8′0″S 39°19′0″L / -6.13333, -39.31667
Resultado Vitoria revolucionaria.
Belixerantes
Zanzíbar Revolutionarios Flag of the Sultanate of Zanzibar (1963).svg Sultanato de Zanzíbar
Líderes
Zanzíbar John Okello Flag of the Sultanate of Zanzibar (1963).svg Sultán Jamshid bin Abdullah
Flag of the Sultanate of Zanzibar (1963).svg Muhammad Shamte Hamadi
Forzas en combate
600-800 combatentes[1][2] Forza Policial de Zanzíbar
Baixas

A Revolución de Zanzíbar (árabe: ثورة زنجبار) tivo lugar en 1964 e levou ao derrocamento do the Sultán de Zanzíbar e o seu goberno principalmente árabe a mans de revolucionarios africanos locais. Zanzíbar era un estado etnicamente diverso que constaba dunha serie de illas fronte a costa de Tanganica, ao que o Reino Unido lle concedera a independencia en 1963. Nunha serie de eleccións parlamentarias previas á independencia, a minoría árabe logrou manter o poder que tivera cando Zanzíbar era un territorio de ultramar de Omán. Frustrado pola baixa representación no Parlamento a pesar de gañar co 54% dos votos nas eleccións de xullo de 1963, o africano Partido Afro-Shirazi (PAS) na mañá cedo do 12 de xaneiro de 1964, dirixido por John Okello, o líder xuvenil (PAS) da á Pemba, mobilizou en torno a 600–800 revolucionarios na illa principal de Unguja (Illa de Zanzíbar) aos que mobilizara meses antes. Logo de invadir á policía do país e apropiarse das súas armas, os insurxentes dirixíronse a Cidade Zanzíbar, onde derrocaron o sultán e o seu goberno. Seguíronlle represalias contra civís árabes e do sur de Asia na illa; o número de mortos resultantes está en disputa, con estimacións que van dende varios centos ata s 20 000. O líder moderado do PAS Abeid Karume converteuse no primeiro presidente e xefe de Estado do país.

Os aparentes lazos comunistas do novo goberno preocuparon aos gobernos occidentais. Como Zanzíbar encontrábase dentro da esfera de influencia británica, o goberno británico elaborou unha serie de planos de intervención. Con todo, o temido estado comunista nunca se materializou, e debido a que as persoas británicas e estadounidenses foran evacuadas con éxito, estes planos non se puxeron en marcha. Mentres tanto, as potencias do bloque comunista de Alemaña Oriental e a Unión Soviética, xunto coa anti-soviética República Popular da China, crearon relacións de amizade co novo goberno mediante o recoñecemento do país e o envío de asesores. Karume tivo éxito na negociación de unión de Zanzíbar e Tanzania para formar a nova nación de Tanzania, un acto que os medios de comunicación contemporáneos xulgaron como un esforzo de previr a subversión comunista de Zanzíbar. A revolución puxo fin a 200 anos de dominación árabe en Zanzíbar, e é conmemorada na illa cada ano con celebracións de aniversario e un día festivo.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

O arquipélago de Zanzíbar, agora parte da república de Tanzania, no sueste de África, é un grupo de illas situadas no océano Índico fronte a costa de Tanganica. Comprende a illa principal de Unguja (tamén coñecida como Zanzíbar), situada ao sur, e a illa de Pemba ao norte, así como numerosos illotes circundantes. Cunha longa historia de dominio árabe que se remonta ata 1698, Zanzíbar foi un territorio de ultramar de Omán ata que conseguiu a independencia en 1858 baixo o seu propio sultanato.[6] En 1890, durante o reinado de Ali ibn Sa'id's, Zanzíbar converteuse nun protectorado británico,[7] e aínda que nunca estivo formalmente baixo o goberno directo, considerouse parte do Imperio Británico.[8]

En 1964, o país era unha monarquía constitucional gobernada polo sultán Jamshid bin Abdullah.[9] Zanzíbar tiña unha poboación africana de en torno a 230 000—algúns dos cales afirmaban ter ascendencia persas e eran coñecidos localmente como Shirazis[10]—e tamén contaba con minorías significativas con 50 000 árabes e 20 000 surasiáticos, que salientaban nos negocios e o comercio.[10] Os diversos grupos étnicos estaban comezando a mesturarse e as diferenzas entre eles desdebuxáranse;[9] segundo un historiador, un motivo importante para o apoio xeral do sultán Jamshid foi a diversidade étnica da súa familia.[9] Con todo, a poboación árabe da illa, como principais terratenentes, era xeralmente máis rica que a poboación africana[11] e gozaba de acceso a servizos sociais de maior calidade, como a saúde e a educación, que as persoas africanas. Á parte disto, a autoridade británica consideraba a Zanzíbar como un país árabe e sempre mantivo unha posición de apoio á minoría árabe para permanecer no poder.[12] Como resultado, durante o proceso de descolonización a maior parte dos partidos políticos estaban organizados en boa parte segundo liñas étnicas, coa minoría árabe dominando o Partido Nacionalista de Zanzíbar (PNZ) e a maioría africana o Partido Afro-Shirazi (PAS).[9] O NPZ mirou cara a Exipto como modelo, o que causou algunhas tensións cos oficiais coloniais británicos, mais Zanzíbar estivera dominado durante centos de anos pola elite árabe, e a Oficina Colonial non podía imaxinar un Zanzíbar gobernado por africanos.[13]

En xaneiro de 1961, como parte do proceso de descolonización, as autoridades británicas da illa estableceron distritos electorais e celebraron eleccións democráticas.[11] O PAS e o PNZ gañaron 11 dos 22 escanos posibles no Parlamento de Zanzíbar,[9] polo que en xuño se celebraron outras eleccións nas que o número de escanos elevouse ata os 23. O PNZ entrou en coalición co Partido Popular de Zanzíbar e Pemba (PPZP) e desta volta conseguiu 13 escanos, mentres que o PAS, a pesar de recibir a maior parte dos votos, tan só conseguiu 10.[9] O PAS sospeitou de fraude electoral e desatou unha desorde civil, que acabou con 68 mortes.[9] Para manter o control, a coalición de goberno prohibiu os partidos da oposición máis radicais, encheu o servizo civil cos seus propios funcionarios designados, e politizou a policía.[11]

En 1963, co número de escanos do parlamento aumentado ata os 31, noutras elections repetíronse os mesmos resultados que en 1961. Debido á disposición dos distritos electorais, que foran manipulados polo NPZ, o PAS, liderado por Abeid Amani Karume, conseguiu o 54 % do voto popular, mais tan só 13 escanos,[14] mentres que o PNZ/PPZP conseguiu o resto e dispuxo dun fortalecemento do seu control de poder.[11] O Partido Umma, formado ese ano por partidarios socialistas árabes descontentos do PNZ,[15] foi prohibido, e todos os policías de orixe africana continental foron despedidos.[14][16] Isto eliminou unha boa parte da única forza de seguridade da illa, e creou un grupo de homes enfadados con adestramento paramilitar e con coñecemento dos edificios, o equipamento e os procedementos da policía.[17] Ademais, o novo goberno dominado polos árabes deixou claro que na política exterior, o Sultanato de Zanzíbar procuraría vínculos próximos co mundo árabe, especialmente con Exipto, e non tiña interese en forxar relacións coas nacións da África continental como a maioría negra desexaba.[18] A escravitude fora abolida en Zanzíbar en 1897, mais boa parte da elite árabe que dominaba a política da illa fixo poucos esforzos para ocultar as súas visións racistas respecto da maioría negra como inferiores a eles, unha xente apta só para a escravitude.[18] No Parlamento, o ministro de finanzas Juma Aley respondeu a preguntas de Karume de xeito insultante dicindo que non precisaba contestar as preguntas dun simple "barqueiro".[19] Aley explicou tamén noutro discurse no Parlamento que se os árabes estaban sobrerrepresentados no gabinete non era por racismo, senón só porque as habilidades mentais dos negros eran abismalmente inferiores e as habilidades mentais dos árabes como el mesmo eran moi altas, unhas declaracións que enfureceron á maioría negra.[19] Os recordos do comercio de escravos árabe no pasado (algúns dos negros máis vellos foran escravos na súa xuventude) xunto cunha visión claramente condescendente da elite árabe cara á maioría negra no presente significou que boa parte da poboación negra de Zanzíbar tiña un odio feroz cara aos árabes, vendo o goberno dominado polos árabes como ilexítimo.[18] O goberno non axudou a ampliar o seu atractivo para a maioría negra ao recortar de xeito drástico o gasto en escolas de áreas de gran concentración de poboación negra.[20] O orzamento do goberno cos seus recortes draconianos nos gastos nas escolas das áreas negras foi visto amplamente como un signo de que o goberno dominado polos árabes estaba a planear pechar á poboación negra nun status permanente de segunda clase.[20]

A independencia total do dominio británico foi concedida o 10 de decembro de 1963, coa coalición do PNZ/PPZP como órgano de goberno. O goberno solicitou un acordo de defensa ao Reino Unido, pedindo que un batallón de tropas británicas ficara na illa para tarefas de seguridade interna,Modelo:Harvnpo mais isto foi rexeitado porque considerou inapropiado que as tropas británicas participaran no mantemento da lei e a orde tan pouco despois da independencia.Modelo:Harvnpo A maior parte do gabinete, que procuraba vínculos máis estreitos con Exipto (gobernado por Nasser), non quería de ningún xeito tropas británicas en Zanzíbar.[20] Os informes da intelixencia británica predicían que disturbios civís, acompañados polo incremento da actividade comunista, eran probables no futuro próximo e que a chegada das tropas británicas podería provocará que a situación se deteriorara máis aínda.Modelo:Harvnpo Con todo, moitos cidadáns estranxeiros permaneceron na illa, incluídos 130 británicos que eran empregados directos do goberno de Zanzíbar government.[21]

En 1959, un carismático ugandés chamado John Okello chegou a Pemba, para traballar como albanel, e en febreiro de 1963 trasladouse a Zanzíbar.[22] Traballando como funcionario no Sindicato de Traballadores da Pintura de Zanzíbar e Pemba e combo activista do PAS, Okello gañara seguidores e case dende o momento en que chegou a Zanzíbar estivera a organizar unha revolución que planeaba que tivera lugar pouco despois da independencia.[23]

Revolución[editar | editar a fonte]

En torno ás 3:00 am do 12 de xaneiro de 1964, entre 600 e 800 insurxentes pobremente armados, principalmente africanos, axudados por algúns dos expolicías recentemente despedidos, atacaron as comisarías de Unguja, tanto as súas armerías como a estación de radio.[1][2] Os atacantes non tiñan pistolas, estaban equipados só con lanzas, machetes, e fermentas metálicas, tendo só a vantaxe numérica e o factor sorpresa.[24] Os reemprazos da policía árabe non recibiran case adestramento e, a pesar de responder cunha forza móbil, foron axiña superados.[1][25] O propio Okello liderou o ataque ao cuartel xeral da policía de Ziwani, que tamén resultou ser o arsenal máis grande da illa.[24] Varios dos rebeldes foron abatidos a tiros, mais a policía foi superada polo seu gran número. Okello atacou persoalmente a un sentinela, arrebatoulle o seu rifle, e empregouno para matar ao policía cunha baioneta.[24] Armándose a si mesmos con centos de rifles automáticos, metralladoras e metralladoras Bren, os insurxentes tomaron o control de edificios estratéxicos na capital, a Cidade de Zanzíbar.[26][27] En torno ás 7:00 am, Okello realizou a súa primeira transmisión radiofónica dende unha estación de radio local que os seus seguidores capturaran dúas horas antes, chamando á poboación africana a levantarse e derrocar os "imperialistas".[28] Nese momento, Okello só se referiu a si mesmo como o "mariscal de campo", o que provocou moitas especulacións en Zanzíbar sobre a identidade desa misteriosa figura que lideraba a revolución, que falaba o seu suahili cun marcado acento acholí que non era familiar en Zanzíbar.[28]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Parsons 2003, p. 107.
  2. 2,0 2,1 Speller 2007, p. 6.
  3. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome nyt14jan
  4. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome nyt19jan
  5. "Slaughter in Zanzibar of Asians, Arabs Told". Los Angeles Times (en inglés). 20 de xaneiro de 1964. p. 4. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro dee 2009. Consultado o 25 de setembro de 2022. 
  6. Hernon 2003, p. 397.
  7. Ingrams 1967, pp. 172–173.
  8. Shillington 2005, p. 1710.
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 9,6 Shillington 2005, p. 1716.
  10. 10,0 10,1 Speller 2007, p. 4.
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 Parsons 2003, p. 106.
  12. Mapuri, Omar (1996). Zanzibar the 1964 Revolution: Achievements and Prospects (en inglés). Dar es Salaam: TEMA Publishers Company Ltd. p. 8. ISBN 9987250114. 
  13. Petterson 2004, p. 11.
  14. 14,0 14,1 Speller 2007, p. 5.
  15. Bakari 2001, p. 204.
  16. Sheriff & Ferguson 1991, p. 239.
  17. Speller 2007, pp. 5–6.
  18. 18,0 18,1 18,2 Petterson 2004, p. 12.
  19. 19,0 19,1 Petterson 2004, p. 41.
  20. 20,0 20,1 20,2 Petterson 2004, p. 40.
  21. Speller 2007, pp. 27–28.
  22. Petterson 2004, pp. 25–26.
  23. Petterson 2004, pp. 26–27.
  24. 24,0 24,1 24,2 Petterson 2004, p. 49.
  25. Clayton 1999, p. 109.
  26. Speller 2007, pp. 6–7.
  27. Conley, Robert (13 de xaneiro de 1964). "African Revolt Overturns Arab Regime in Zanzibar". The New York Times (en inglés). p. 1. Consultado o 30 de novembro de 2022. 
  28. 28,0 28,1 Petterson 2004, p. 52.