Linguas bantús
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2015.) |
O bantú é un subgrupo de linguas que pertence á familia de linguas níxer-congo. As linguas bantús fálanse no sur do Camerún, en Gabón, República do Congo, República Democrática do Congo, Uganda, Kenya, Tanzania, Angola, Zambia, Malaui, Mozambique, Cimbabue, Namibia, Botswana e Suráfrica.
Orixe do nome
[editar | editar a fonte]A palabra "bantú" foi usada por primeira vez por Wilhelm H. I. Bleek (1827-75) co significado de "xente" ou "persoas", como se reflicte en moitos dos idiomas deste grupo (véxase a Táboa 1). A el debemos tamén a primeira clasificación do grupo de linguas que seguiu criterios científicos, levada a cabo entre (1862 e 1869). El e, máis tarde, Carl Meinhof fixeron estudos comparativos das gramáticas das linguas bantús.
Persoa / Xente en diferentes linguas bantús | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Táboa 1: A raíz de cada palabra aparece resaltada en letra grosa precedida do prefixo de clase. |
Características
[editar | editar a fonte]A meirande parte das linguas deste grupo seguen o esquema SVO (Suxeito-Verbo-Obxecto) para a orde dos compoñentes na cláusula. A característica gramatical máis prominente dos idiomas bantús é o uso extensivo de prefixos e infixos. Cada nome pertence a unha clase e cada lingua pode ter arredor de dez clases en total, que se indican por medio dun prefixo ligado ao nome e aos adxectivos e verbos que concordan con el. Ademais, o plural indícase cun cambio no prefixo de clase (véxase a Táboa 1). Por outra parte, o verbo tamén se conxuga a base de prefixos.
En suahili, por exemplo, Mtoto mdogo amekisoma significa 'O neno pequeno leuno (o libro)'. Mtoto ('neno') goberna o prefixo adxectival m- de mdogo ('pequeno') e o prefixo do suxeito verbal a-. A continuación séguelle o morfema de tempo-aspecto (pasado/perfectivo) -em- e o marcador do obxecto -ki-, que concorda co obxecto implícito kitabu ('libro'). Se pluralizamos o suxeito ('nenos'), obtemos Watoto wadogo wamekisoma, e pluralizando o obxecto directo ('libros', vitabu) a cláusula resultante sería Watoto wadogo wamevisoma.
Linguas da familia
[editar | editar a fonte]A lingua bantú con maior número de falantes é o suahili (G 40). Os idiomas bantús comprenden un amplo abano que acolle desde linguas puramente tonais ata outras que prescinden totalmente do ton nas funcións gramaticais e/ou semánticas. Outros idiomas bantús importantes son o lingala, o luganda, o congo e o chewa en África central e oriental e o shona, o ndebele do sur (decote considerado unha lingua, aínda que en realidade é un dialecto do zulú), o tswana, o sotho, o xosa, o sepedi e o suazi no sur de África.
Algunhas das linguas son coñecidas sen o prefixo de clase (chewa por chichewa, swahili no canto de kiswahili, zulú por isizulu, xosa en lugar de isixhosa etc.) mentres que outras varían (setswana ou tswana, sindebele ou ndebele etc.). Malia todo, a forma radical sen o marcador non se adoita dar nestas linguas: en Botswana, por exemplo, os habitantes son batswana, unha persoa é un motswana e a lingua é setswana.
Os surafricanos de raza negra ás veces eran chamados oficialmente bantús polo réxime do apartheid, de maneira que agora alí se prefire o termo sintu para referirse a este grupo de linguas; si- é un prefixo empregado, entre outros conceptos, con idiomas.
Clasificación interna
[editar | editar a fonte]Esta familia contén centos de linguas, que foron clasificadas por Malcolm Guthrie en 1948 en grupos por zonas xeográficas e despois numeradas dentro de cada un deles. Guthrie tamén reconstruíu o proto-bantú coma a proto-lingua desta familia lingüística. Todo parece indicar que as linguas bantús tiveron a súa orixe hai uns dous mil anos na Nixeria oriental e o Camerún, desde onde se estenderon ata o sur e o leste do continente africano. Os principais grupos segundo Guthrie son os seguintes (as linguas principais van en cursiva):
- Proto-bantú
- Bantú noroccidental ou Bantú da selva
- A: Ao sur do Camerún, norte de Gabón e Guinea Ecuatorial, p. ex. basaa, fang, bubi.
- B: Ao sur de Gabón, R. Congo e Guinea Ecuatorial, p. ex. balengue.
- C: R.D. Congo e R. Congo, p. ex. lingala.
- Bantú sur-central ou bantú da sabana
- D: Especialmente en R.D. Congo.
- E: En Kenya e Tanzania, p. ex. kikuyu.
- F: En Tanzania, p. ex. sukuma.
- G: En Tanzania e as Comores, p. ex. suahili, gogo, comoriano, mahorés.
- H: En Angola e o Congo, p. ex. congo, kituba, kimbundu.
- J ou Bantú dos grandes lagos (grupo engadido posteriormente): En Uganda, Ruanda, Burundi e zonas achegadas aos Grandes Lagos de África, p. ex. luganda, ruanda, kirundi, luhya, nande, nkore.
- K: Principalmente en Angola e Zambia, p. ex. chokwe, ruKwangali
- L: En R.D. Congo e Zambia, p. ex. chiluba
- M: En Zambia, Tanzania e R.D. Congo. O bemba é oficial en Zambia.
- N: En Malaui, Mozambique e Zambia, p. ex. o chichewa que é oficial en Malaui e o tumbuka.
- P: En Mozambique e Tanzania, p. ex. makua, eChuwabo.
- R: Angola, Namibia, Botswana, p. ex. umbundu, oshiwambo (dialectos kwanyama, ndonga), herero.
- S ou Bantú do Sur: Suráfrica, Botswana, Cimbabue e Mozambique. Divídese nos seguintes subgrupos:
- Chopi
- Nguni: xosa, zulú, ndebele do norte, swazi, ndebele do sur
- Shona: con varios dialectos coma o zezuru.
- Sotho-Tswana: tswana, sotho, sotho sa leboa, lozi
- Tswa-Ronga: xiRonga, tsonga
- Venda
- Bantú noroccidental ou Bantú da selva
Número de falantes
[editar | editar a fonte]Idioma | Nome alternativo |
Falantes | Zona de Guthrie | Países onde se fala |
---|---|---|---|---|
Suahili | Kisuahili | 30–40 Millóns | G40 | Tanzania, Uganda, Ruanda, Burundi, Congo, Mozambique |
Shona | Chishona | 11 Millóns | S10 | Cimbabue, Zambia |
Zulu | Isizulu | 10 Millóns | S40 | Suráfrica, Lesoto, Eswatini, Malaui |
Nyanja | Chichewa | 10 Millóns | N30 | Malaui, Zambia, Mozambique |
Lingala | Ngala | 9 Millóns | C40 | Congo, Congo-Brazzaville |
Ruanda | Kinyarwanda | 8 Millóns | J60 | Ruanda, Burundi, Uganda, Congo |
Xosa | Isixhosa | 7,5 Millóns | S40 | Suráfrica, Lesoto |
Luba-Kasai | Chiluba | 6,5 Millóns | L30 | Congo |
Gikuyu | Kikuyu | 5,5 Millóns | E20 | Kenya |
Kituba | Kutuba | 5 Millóns | H10 | Congo, Congo-Brazzaville (usada como crioulo) |
Ganda | Luganda | 5 Millóns | J10 | Uganda |
Rundi | Kirundi | 5 Millóns | J60 | Burundi, Ruanda, Uganda |
Makhuwa | Makua | 5 Millóns | P30 | Mozambique |
Sotho | Sesotho | 5 Millóns | S30 | Lesoto, Suráfrica |
Tswana | Setswana | 5 Millóns | S30 | Botswana, Suráfrica |
Mbundu | Umbundu | 4 Millóns | R10 | Angola (Benguela) |
Sotho do norte | Sepedi, Sotho sa Leboa | 4 Millóns | S30 | Suráfrica, Botswana |
Luyia | Luluyia | 3,6 Millóns | J30 | Kenya |
Bemba | Chibemba | 3,6 Millóns | M40 | Zambia, Congo |
Tsonga | Xitsonga | 3,3 Millóns | S50 | Suráfrica, Mozambique, Cimbabue |
Sukuma | Kisukuma | 3,2 Millóns | F20 | Tanzania |
Kamba | Kikamba | 3 Millóns | E20 | Kenya |
Mbundu | Kimbundu | 3 Millóns | H20 | Angola (Luanda) |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Guthrie, Malcolm. 1948. The classification of the Bantu languages. Londres: Oxford University Press for the International African Institute.
- Guthrie, Malcolm. 1971. Comparative Bantu, Vol 2. Farnborough: Gregg International.
- Heine, Bernd. 1973. Zur genetische Gliederung der Bantu-Sprachen. Afrika und Übersee, 56: 164–185.
- Maho, Jouni F. 2001. The Bantu area: (towards clearing up) a mess. Africa & Asia, 1:40–49.
- Maho, Jouni F. 2002. Bantu lineup: comparative overview of three Bantu classifications. Universidade de Gotemburgo: Departmento de Linguas Orientais e Africanas.
- Piron, Pascale. 1995. Identification lexicostatistique des groupes Bantoïdes stables. Journal of West African Languages, 25(2): 3–39.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dicionario comparativo das linguas bantús da universidade de Berkeley CBOLD; Contén bibliografía completa. (en inglés)
- Recursos de bantú en liña (en inglés)
- Artigo de Proel (en castelán)
- Palabras de orixe bantú (en castelán)