Rukwa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Rukwa en Tanzania.

Rukwa é unha das 26 rexións nas que se encontra dividida a Tanzania. A súa capital é a cidade Sumbawanga. Limita polo norte coas rexións de Kigoma e Tabora, polo leste coa de Mbeya, polo sur con Zambia e polo oeste co Lago Tanganica, que a separa da República Democrática do Congo. Posúe unha superficie de 68.635 km2 e segundo o censo do 2002 tiña unha poboación de 1.141.743 habitantes.

Distritos[editar | editar a fonte]

Ten catro distritos:

  • Mpanda
  • Nkasi
  • Sumbawanga
  • Sumbawanga