Crise financeira de 2007-2008

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A TED spread (en vermello) incrementou significativamente durante a crise financeira, reflectindo un incremento no risco de crédito percibido.
Mapa do mundo amosando o cremento do PIB real durante 2009. (Os países en marrón estaban en recesión.)

A crise financeira de 2007–09, tamén coñecida crise financeira global, está considerada polos economistas como a meirande crise financeira dende a Gran Depresión da década de 1930.[1][2][3][4] Foi a primeira vez que se produce unha recesión global simultánea en todas as economías avanzadas -Estados Unidos, Europa, Asia- e nos países emerxentes. Tivo grandes semellanzas coa Gran Depresión,[5] de feito chámase a miúdo a Gran Recesión, tal como a bautizou o economista norteamericano Paul Volcker, para reflectir as similitudes coa Gran Depresión mais sen sobrepasala.[6]

Segundo o economista estadounidense Paul Krugman, premio Nobel de economía de 2008, a economía mundial non entrou en depresión en senso propio, pero si tornou a economía da depresión. O tipo de problemas que caracterizaron a economía mundial nos anos 30, non vistos dende entón, instaláronse dun xeito sorprendente. Entendendo por economía da depresión que por primeira vez en dúas xeracións, os erros da economía polo lado da demanda, converteuse na limitación da prosperidade para gran parte do mundo.[7]

Segundo Krugman, esta crise non se asemellou a ningunha das que se viran no pasado, pero en troques, foi idéntica a todo o que se observou no pasado, coa particularidade de que, desta volta, todos os elementos se deron ó mesmo tempo: o estoupido da burbulla inmobiliaria comparable ó que sucedeu no Xapón a finais dos anos 80; unha sucesión de pánicos bancarios como os que se deron nos anos 30 -se ben agora o principal afectado foi o sistema bancario á sombra e non a banca convencional-; unha trampa de liquidez nos Estados Unidos, que lembraba de novo ó acontecido no Xapón; e, posteriormente, unha interrupción dos fluxos de capital internacionais e unha serie de crise de divisas moi similar á que va pasou en Asia a finais dos 90.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Two top economists agree 2009 worst financial crisis since great depression; risks increase if right steps are not taken". Reuters. 27 de febreiro de 2009. Consultado o 10 de novembro de 2015. 
  2. Eigner, Peter; Umlauft, Thomas S. (1 de maio de 2007). Hungarian Academy of Science, ed. "The Great Depression(s) of 1929-1933 and 2007-2009? Parallels, Differences and Policy Lessons". MTA-ELTE Crisis History Working Paper No. 2. 
  3. Eichengreen; O'Rourke. VoxEU.org, ed. "A tale of two depressions: What do the new data tell us?". Consultado o 22 de febreiro de 2016. 
  4. Temin, Peter (1 de xaneiro de 2010). National Bureau of Economic Research, ed. "The Great Recession and the Great Depression". 
  5. El professor Nouriel Roubini ens acompanya en un recorregut econòmic a través del món
  6. El País, ed. (22 de abril de 2009). "El FMI pone cifras a la Gran Recesión" (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2016. 
  7. 7,0 7,1 La crisi segons Krugman

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mercille, J. & Murphy, E., 2015, Deepening neoliberalism, austerity, and crisis: Europe's treasure Ireland, Palgrave Macmillan, Basingstoke.
  • Fried, Joseph, Who Really Drove the Economy into the Ditch? (New York: Algora Publishing, 2012) ISBN 978-0-87586-942-1.
  • Wallison, Peter, Bad History, Worse Policy (Washington, D.C.: AEI Press, 2013) ISBN 978-0-8447-7238-7.
  • Awasthi, Sharad. (2012). The Global Financial Crisis is NOT Financial: Quality of Information in Question. ISBN 978-1479312818.
  • Koller, Cynthia A. (2012). White Collar Crime in Housing: Mortgage Fraud in the United States. El Paso, TX: LFB Scholarly. ISBN 978-1593325343.
  • Kotz, David M. (2015). The Rise and Fall of Neoliberal Capitalism. Harvard University Press. ISBN 9780674725652.
  • Patterson, Laura A., & Koller, Cynthia A. Koller (2011). "Diffusion of Fraud Through Subprime Lending: The Perfect Storm." In Mathieu Deflem (ed.) Economic Crisis and Crime (Sociology of Crime Law and Deviance, Volume 16), Emerald Group Publishing, pp. 25–45. ISBN 9780857248022
  • Pezzuto, Ivo (2013). Predictable and Avoidable: Repairing Economic Dislocation and Preventing the Recurrence of Crisis, Publisher: Gower Pub Co; New edition. ISBN 978-1-4094-5445-8.
  • Konecny Ladis, (2013), Stocks and Exchange – the only Book you need, ISBN 9783848220656, "Great financial crisis 2007–2009", chapter 17.