Os seis países que integran a Comunidade de África Oriental acordaron adoptar unha moeda única que abranguería 135 millóns de persoas.[1] A CAO é un dos piares da Comunidade Económica Africana. Ten unha unión aduaneira dende 2005 e un mercado común dende 2010.[2]
A CAO fundouse o 7 de xullo de 2000.[3] nunha cerimonia celebrada na cidade de Arusha (Tanzania), en que se localiza a súa sede, reavivando un proxecto similar abandonado en 1977. O novo tratado EAC creaba o camiño cara a unha unión económica e, nun futuro, política entre os tres países iniciais. Un tratado posterior, asinado en marzo de 2004 estableceu unha unión aduaneira que comezou o 1 de xaneiro de 2005. Segundo o tratado, Kenya, o máis rico dos tres países iniciais, ía pagar aranceis polas mercadorías que entrasen en Uganda e Tanzania ata 2010.
En xaneiro de 2023, a Comunidade de África Oriental (EAC) planea emitir unha moeda única nos próximos catro anos. O Consello de Ministros da organización debe decidir sobre a localización do Instituto Monetario de África Oriental e o establecemento dunha folla de ruta para a emisión da moeda única.[7]
O presidente ruandés Paul Kagame na conferencia da EAC de 2006. Ruanda uniuse á organización en 2007
O pasaporte de África Oriental lanzouse oficialmente o 1 de abril de 1999[8] para facilitar atravesar fronteiras entre estes países africanos[9][10] e dá dereito a kenyanos, tanzanos e ugandeses a unha estadía de seis meses renovábeis en calquera destes países.[9]
O pasaporte expídese nas sedes dos respectivos Departamentos de Inmigración en Nairobi, Kampala e Dar es Salaam.[9][10] Custa o equivalente a 10 dólares estadounidenses[10] e as solicitudes tardan en tramitarse de dúas a tres semanas. A pesar de que o pasaporte só é válido dentro da CAO, preténdese internacionalizalo con outros países da África Oriental.
↑"EAC Update E-newsletter". www.eac.int. Directorate of Corporate Communications and Public Affairs. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2012. Consultado o 10 de decembro de 2011.