Santa Helena, Ascensión e Tristan da Cunha
St Helena, Ascension & Tristan da Cunha (en) | |||||
Himno | God Save the King | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Loyal and Unshakeable» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
Capital | Jamestown | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.633 (2016) (14,3 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 394 km² | ||||
Creación | 1833 ↔ 2009 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Philip Rushbrook (en) | ||||
Moeda | libra de Santa Helena (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | +247, +290 e +27 | ||||
Teléfono de emerxencia | 999 | ||||
Código de país | SH | ||||
Santa Elena, Ascensión e Tristán da Cunha[1]. (en inglés, Saint Helena, Ascension and Tristan da Cunha) é un territorio británico de ultramar, composto por diversas illas Santa Helena, a Ascensión e o arquipélago de Tristan da Cunha incluíndo a Illa Gough, situadas no Atlántico sur, entre África e Suramérica. O seu nome foi Santa Helena e Dependencias ata o 1 de setembro de 2009, cando entrou en vigor unha nova constitución que daba ás tres illas o mesmo estatuto de tres territorios, como unha agrupación baixo a Coroa.
Os principais territorios insulares que compoñen esta entidade territorial son a Santa Helena, onde se sitúa Jamestown que é o principal centro poboado e capital do territorio, a Illa de Ascensión e o grupo de illas de Tristan da Cunha. É de destacar a enorme distancia que hai entre as illas: entre Ascensión e Santa Helena hai 1300 quilómetros, e desta última a Tristán da Acunha máis de 2700 quilómetros.
Ata o ano 2009, este territorio foi chamado Santa Helena e Dependencias (Saint Helena and Dependencies en inglés) ou simplemente Santa Helena. Con todo, o 1 de setembro dese mesmo ano, entrou en vixencia unha nova constitución que estableceu o actual nome e entregou igual status a cada territorio insular.[2]
A illa de Santa Elena é mundialmente coñecida por ser o lugar onde foi exiliado e onde morreu Napoleón Bonaparte en 1821.
Divisións administrativas
[editar | editar a fonte]Administrativamente, o territorio divídese nas mesmas tres partes xeograficas do territorio, é dicir, Santa Helena, Ascensión e Tristan da Cunha. Cada unha é gobernada por un consello. O gobernador do territorio preside o Consello Lexislativo de Santa Helena, e á súa vez está representado por un administrador na illa Ascensión e outro administrador en Tristan da Cunha que presiden os concellos insulares destas dúas illas. Véxase sección Constitución a continuación.
Area administrativa |
Area km2 |
Poboación | Centro administrativo |
---|---|---|---|
Santa Helena | 122 | 5,809 | Jamestown |
Illa de Ascensión | 88 | 1,532 | Georgetown |
Tristan da Cunha | 184 | 273 | Edimburgo dos Sete Mares |
Tristan da Cunha | 98 | 264 | Edimburgo dos Sete Mares |
Illa Inaccesible | 14 | 0 | |
Illa Nightingale | 3.2 | 0 | |
Illa Gough | 68 | 9 (sen residentes permanentes) | Transvaal Bay |
Total | 394 | 7,614 | Jamestown |
A illa de Santa Helena divídese ademais en oito distritos.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]De orixe volcánica, as illas de Santa Helena, Illa de Ascensión e Tristan da Cunha foron todas colonias separadas da coroa inglesa, aínda que descubrironse por separado por varios exploradores portugueses entre 1502 e 1504.
Descubrimento portugués
[editar | editar a fonte]Os portugueses atoparon Santa Helena deshabitada, con abundancia de árbores e auga potable. Importaron gando, árbores frutais e hortalizas, construíron unha capela e unha ou dúas casas. Malia que non formaba un asentamento permanente, a illa converteuse de crucial importancia para a recolleita de alimentos e como punto de encontro, descanso e avituallamento para as viaxes a Asia. O inglés Sir Francis Drake moi probablemente atopou a illa na última etapa da súa viaxe ao redor do mundo (1577-1580).[4] Seguiron outras visitas doutros exploradores ingleses, e, unha vez que a situación de Santa Helena foi máis amplamente coñecida, os buques de guerra ingleses comezaron a axexar na zona para atacar as carracas portuguesas no seu camiño a casa desde a India. No desenvolvemento do seu comercio co Afastado Oriente, os holandeses tamén comezaron a frecuentar a illa e reclamaron formalmente á mesma en 1633, pero non se conformaron coa illa e en 1651 abandonarona en favor da súa colonia no Cabo de Boa Esperanza.
Colonización inglesa e británica
[editar | editar a fonte]En 1657 concedéuselle a Compañía Británica das Indias Orientais unha carta para gobernar Santa Helena por Oliver Cromwell,[5] e ao ano seguinte a Compañía decidiu fortificar e colonizar a illa con plantacións. O primeiro gobernador, o capitán John Dutton, chegou en 1659, e é a partir desta data que Santa Helena di ser a segunda máis antiga colonia de Gran Bretaña (restante) (logo das Bermudas). Construíronse un forte e varias casas. Logo da restauración da monarquía inglesa en 1660, a Compañía das Indias Orientais recibiu unha carta real que lle deu o dereito exclusivo para fortificar e colonizar a illa. A fortaleza foi renomeada como Fort James e a cidade como Jamestown, en honor ao Duque de York e herdeiro, máis tarde o rei Xacobe II de Inglaterra.
O Reino de Inglaterra converteuse en parte do novo Reino de Gran Bretaña en 1707 e logo no Reino Unido en 1801, o Imperio Británico converteuse nunha potencia mundial. O máis importante e primeiro asentmento, a illa de Santa Helena, fora gobernada pola Compañía das Indias Orientais desde 1659. Fíxose coñecido internacionalmente como o lugar elixido polo goberno británico para o exilio de Napoleón, que estivo confinado na illa entre outubro de 1815 e a súa morte o 5 de maio de 1821, e fíxose colonia da coroa británica en 1834 pola Saint Helena Act 1833.[6] A deshabitada Illa de Ascensión foi tomada pola Royal Navy o 22 de outubro de 1815, no final da era da navegación a vela a súa localización adquiriu importancia como lugar de aprovisionamento de carbón para os barcos. Por razóns similares Tristan da Cunha foi anexada como unha dependencia da Colonia do Cabo (British South Africa) o 14 de agosto de 1816 no final das Guerras Napoleónicas. Xusto antes, durante un curto período, Tristan da Cunha fora habitada por unha expedición privada estadounidense que deu nome ao territorio como as Illas de Refresco.
A unión política entre estas colonias comezou a tomar forma o 12 de setembro de 1922, cando por patente real Ascensión converteuse nunha dependencia de Santa Helena. A escasamente poboada illa de Tristan da Cunha, ata hoxe en día pouco máis que un posto de avanzada cunha poboación de menos de trescentos habitantes, fixo o mesmo o 12 de xaneiro de 1938. Os tres grupos de illas compartironn esta relación constitucional ata o 1 de setembro de 2009, cando as dependencias foron elevados a condición de igualdade con Santa Helena e o territorio cambiou o seu nome de "Santa Helena e dependencias" a "Santa Helena, Ascensión e Tristan da Cunha".
Segunda guerra mundial e a posterior presenza militar
[editar | editar a fonte]Durante o Batalla do Atlántico na segunda guerra mundial e os anos seguintes, tanto en Santa Helena como a illa de Ascensión foron utilizadas polos aliados como base para protexer o comercio na superficie, na guerra antisubmarina (ASW) contra as unidades navais das potencias do Eixe. Construíronse pistas de aterraxe para ser base de fornecemento dos avións que vixilaban as rutas marítimas.
Os Estados Unidos e Gran Bretaña aínda operan conxuntamente o aeroporto de (RAF Ascension Island) na Ascensión, que tamén serve como centro de comunicacións, centro de intelixencia e navegación. Unha das cinco estacións terrestres da Red GPS está localizada en Ascensión.
Unión Europea
[editar | editar a fonte]O territorio é un país ou territorio de ultramar da Unión Europea, con aspectos limitados da pertenza á Unión Europea aplicados á súa administración, as súas leis e os seus cidadáns. Con todo, non forman parte da Unión Europea (o único territorio británico de ultramar que pertence é Xibraltar.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O territorio esténdese a través dunha grande extensión no océano Atlántico Sur coa illa máis setentrional, Ascensión, que ten unha latitude de 7° 56'S da liña ecuatorial e a illa máis meridional, illa Gough, en 40° 19'S. Entre Santa Helena e Tristan da Cunha atópase o Trópico de Capricornio. A distancia entre o extremo norte da illa de Ascensión e o extremo sur da illa de Gough é de 3.642 km. (unha distancia equivalente entre A Coruña e Riga en Letonia por estrada). Todo o territorio atópase no hemisferio occidental e ten o mesmo fuso horario: meridiano de Greenwich.
Ascensión ten un clima cálido, árido, mentres que en Santa Helena é máis moderado (e árido preto das costas) e en Tristan moito máis fresco. O punto máis alto do territorio é o pico Queen Mary na illa de Tristan da Cunha, cunha elevación de 2.062 metros sobre o nivel do mar.
Aínda que as tres partes do territorio formáronse por actividade volcánica, só o grupo de illas de Tristan da Cunha é volcanicamente activo neste momento.
Augas territoriais
[editar | editar a fonte]As augas territoriais das illas esténdense a 12 millas naúticas (22 km) da súa liña de base costeira. A Zona Económica Exclusiva (ZEE) esténdense 200 millas naúticas (370 km) das liñas de base das illas. Malia o seu tamaño, as tres ZEE non se superpoñen ou se tocan entre si, nin tampouco tocan ás zonas económicas exclusivas de calquera outro país ou territorio. O territorio conta coa ZEE máis grande de calquera dos territorios británicos de ultramar (de feito máis grande que a do Reino Unido) e se inclúese a clasificación dos países por tamaño da ZEE, o territorio sería o 21º, por detrás de Portugal e por diante de Filipinas. Nin as illas nin as súas ZEE son obxecto de controversia internacional actual.
Parte | km2 | sq mi |
---|---|---|
Illa Ascensión | 441 658 | 170 525 |
Santa Helena | 444 916 | 171 783 |
Tristan da Cunha | 754 720 | 291 400 |
Total | 1.641.294 | 633.708 |
En 2008 o Reino Unido fixo unha solicitude á Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar para estender o límite da plataforma continental reivindicación da illa de Ascensión máis alá das 200 millas naúticas. A Comisión recomendou en 2010 que o límite non se estenderá máis aló do límite estándar, baseado en estudos científicos.[8]
Comunicacións
[editar | editar a fonte]Cada unha das tres illas principais ten un embarcadoiro ou un pequeno porto, situado nas cidades principais (Georgetown, Jamestown e Edimburgo). Existe un aeródromo militar na Illa Ascension (RAF Ascension Island) con voos regulares entre RAF Brize Norton no Reino Unido e RAF Mount Pleasant nas Illas Malvinas. O seu usuario principal é a RAF, aínda que tamén se producen algúns voos civís. A illa Ascension é tamén usada polos militares estadounidenses (quen aprovisiona á base co MV Ascension) e é un lugar que serve de aterraxe de urxencia ao Programa do Transbordador Espacial. Na actualidade non hai aeródromo na illa de Santa Helena, pero propúxose un aeroporto civil e está previsto que sexa aberto en 2015, con voos cara a e desde Suráfrica.[9] A illa de Tristan da Cunha está conectada só por mar.
Telecomunicacións
[editar | editar a fonte]Cable and Wireless proporciona o servizo de telecomunicacións no territorio. Santa Helena ten o prefixo internacional 290 que, desde 2006 comparte con Tristan da Cunha. Os números de teléfono teñen catro díxitos de lonxitude. Os números comezan con 1-9, os 8xxx están reservados para Tristan da Cunha e os 2xxx para Jamestown.[10] A illa Ascension ten o prefixo de chamadas 247 e tamén teñen números de catro díxitos na illa.[11]} A illa Ascension tamén posúe un ampla instalación de retransmisores para comunicacións internacionais de onda curta con África e América do Sur.
Correo
[editar | editar a fonte]A illa Ascension, Tristan da Cunha e Santa Helena tamén publican os seus propios selos, que proporcionan uns importantes ingresos. Cada unha das tres illas principais do arquipélago ten o seu propio código postal da Royal Mail:
- Illa Ascension: ASCN 1ZZ
- Santa Helena: STHL 1ZZ
- Tristan da Cunha: TDCU 1ZZ
O último Royal Mail Ship, o RMS St Helena, fai a ruta con Cidade do Cabo (e menos frecuentemente co Reino Unido, e ás veces coa Baía Walvis en Namibia) ás illas. Espérase que a ruta mantéñase ata a inauguración do aeroporto na illa de Santa Helena.
Tráfico de vehículos
[editar | editar a fonte]Santa Helena ten 138 km, 118 km asfaltados e 20 km sen asfaltar de estradas. Tristan da Cunha ten aproximadamente 10 km de estradas asfaltadas, mentres que Ascensión ten cerca de 40 km asfaltados.[12] Os coches circulan pola esquerda nas tres partes do territorio, do mesmo xeito que se fai no Reino Unido.
Mapas
[editar | editar a fonte]-
Mapa con todas as illas
-
Localización de Santa Helena e Ascensión
-
Mapa da illa de Santa Helena
-
Outro mapa de Santa Helena
-
Mapa da illa de Ascensión
-
Outro mapa da illa de Ascensión
-
Mapa do grupo de Tristan da Cunha
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Santa Elena» en «Lo que queda por descolonizar 50 años después de la resolución de la ONU», BBC Mundo, 14 de decembro de 2010.
- ↑ "The St Helena, Ascension and Tristan da Cunha Constitution Order 2009". The Constitution (in the Schedule to the Order (en inglés). 2009. Consultado o 24 de xaneiro de 2014.
- ↑ GeoHive Arquivado 24 de marzo de 2016 en Wayback Machine. St Helena.
- ↑ Drake and St Helena, privately published by Robin Castell in 2005
- ↑ "History: St. Helena homepage". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2012. Consultado o 16 de marzo de 2016.
- ↑ St Helena, Ascension and Tristan da Cunha Constitution Order 2009 "...a transferencia do dominio da illa ao Goberno da Súa Maxestade o 22 de abril de 1834 baixo a Lei do Goberno da India de 1833, agora chamada Lei de Santa Helena de 1833" (Preámbulo Programático) (en inglés)
- ↑ "Seaaroundus.org". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2006. Consultado o 18 de marzo de 2016.
- ↑ Commission on the Limits of the Continental Shelf Summary of recommendations re: Ascension Island
- ↑ "Remote UK island colony of St Helena to get airport" (en inglés). BBC. 3 de novembro de 2011.
- ↑ "St Helena and Tristan da Cunha" (en inglés). World Telephone Numbering Guide. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2011. Consultado o 17 de marzo de 2016.
- ↑ "Ascension" (en inglés). World Telephone Numbering Guide. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2011. Consultado o 17 de marzo de 2016.
- ↑ "St Helena, Ascension and Tristan da Cunha". The World Factbook (en inglés). CIA. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2010. Consultado o 17 de marzo de 2016.