Saltar ao contido

Aceiro ó carbono

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rolo de aceiro ó carbono.

O aceiro ó carbono, tamén coñecido como aceiro de construción, constitúe unha proporción importante dos aceiros producidos nas plantas siderúrxicas. Desta forma sepáranse respecto dos aceiros inoxidables, dos aceiros para ferramentas, dos aceiros para usos eléctricos ou dos aceiros para electrodomésticos ou partes non estruturais de vehículos de transporte. Cómpre sinalar que neste concepto de aceiro de construción pódense englobar tanto os aceiros para construción civil como para construción mecánica. Historicamente, un 90% da produción total producida mundialmente corresponde a aceiros ó carbono e o 10% restante son aceiros aleados. Porén, a tendencia é cara a un crecemento da proporción dos aceiros aleados en diminución dos aceiros ao carbono. Nesta tendencia ten importancia a necesidade de alixeirar pesos tanto para o caso das estruturas (co consecuente aforro nas cimentacións) como os requirimentos de menor consumo por peso nos automóbiles, unido neste caso á necesidade de reforzar a seguridade perante impactos sen incrementar o peso dos vehículos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]