Mombasa
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Kenya | ||||
| Condado | Condado de Mombaça (pt) | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.200.000 (2016) | ||||
| Lingua oficial | Lingua suahili lingua inglesa | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 294,7 km² | ||||
| Altitude | 50 m | ||||
| Datos históricos | |||||
| Creación | 1593 | ||||
Evento clave
| |||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Abdulsamad Shariff Nassir (2022–) | ||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 80100 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 041 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | Lianyungang (pt) Bergen Seattle (1981–) condado de Honolulu (2000–) Honolulu (2000–) Long Beach (2007–) Fuzhou (2008–) Durban (2012–) | ||||
| Sitio web | mombasa.go.ke | ||||
Mombasa é a segunda cidade en tamaño e o principal porto de Kenya. É capital da Provicia da Costa (Coast Province) e está situada nunha badía no océano Índico, no límite meridional do país. Esta cidade, en rápido medramento, serve de porto para rexións do Nordeste de Tanzania e de Uganda, privados de acceso marítimo. A súa poboación calcúlase en arredor de 900.000 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]Mombasa foi fundada cara 750 por mercadores árabes. En 1498, o explorador portugués Vasco da Gama atracou no seu porto. Os portugueses apoderáronse da cidade en 1505, converténdoa progresivamente nunha praza forte con vocación comercial, protexendo a ruta das Indias. Os portugueses son expulsados de xeito definitivo en 1832 por Sayyid Said, sultán de Omán, conquistador de Zanzíbar, apoiado polos ingleses.
En 1895, pasou a dominio británico, sendo ata 1907 a capital da África Oriental Británica. Foi elevada a capital do protectorado costeiro Kenyano en 1920. Desde 1963 é parte do novo Estado de Kenya .
