Caldeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha caldeira é un mecanismo deseñado para transmitir a calor xerada mediante a combustión dun combustible a un fluído portador. Adoita ser utilizado no campo da calefacción ou para quentar auga. Os combustibles máis utilizados para este proceso son carbón, biomasa, gasóleo C, fuel-oil, gas natural, butano e propano.

Descrición[editar | editar a fonte]

Unha caldeira de calefacción consta dun fogar, onde se queima o combustible, e un intercambiador onde a calor producida pola combustión transmítese ao fluído caloportador, que o leva aos emisores ou elementos terminais. Cando é necesario o uso dun queimador (para combustibles fluídos), o conxunto de caldeira e queimador chámase xerador.

Clasificación[editar | editar a fonte]

As caldeiras clasifícanse en varios tipo segundo as seguintes características:

  • A súa colocación: mural ou de pé.
  • A xestión de produtos de combustión: tiro natural ou de tiro forzado.
  • A xestión do comburente: cámara estanca ou aberta.
  • Presión do fogar: presión atmosférica,en depresión ou en sobrepresión.
  • Rendemento enerxético: estándar, de baixa temperatura ou de condensación.
  • Combustible utilizado: biomasa, carbón, gasóleo C ou butano, propano e gas natural.
  • Servizo: só calefacción, auga quente sanitaria ou os dous servizos (mixta).
  • Fluído caloportador: auga, auga sobrequentada ou vapor.

Sistemas de acumulación[editar | editar a fonte]

Para grandes demandas de auga quente sanitaria utilízanse caldeiras con interacumulador ou cun depósito incorporado como por exemplo o Termoacumulador de gas.