Saltar ao contido

Bandeira de Tanzania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Tanzania
Bandeira de Tanzania
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción30 de xuño de 1964
Cores     Azul     Negro     Amarelo     Verde

A bandeira nacional de Tanzania foi adoptada en 1964. Deriva da bandeira de Tanganica e da bandeira de Zanzíbar. A bandeira está dividida diagonalmente por unha banda negra con reberetes amarelos na esquina inferior. O triángulo superior é verde e o triángulo inferior, azul.

As cores da bandeira foron especificados polo departamento de Propostas e Privatización da oficina do Presidente da República Unida de Tanzania.

  • Verde: representa a vexetación presente no país.
  • Amarelo: representa os ricos depósitos minerais existentes no país.
  • Negro: representa a cor da pel dos tanzanos.
  • Azul: representa os numerosos lagos e ríos, así como ao océano Índico.

Bandeiras nas que se inspira

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]