Dar es Salaam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 6°48′S 39°17′E / 6.800°S 39.283°E / -6.800; 39.283

Dar es Salaam
Mapa
Tz-map.png
Información
País Flag of Tanzania.svg Tanzania
Rexión Rexión de Dar es Salaam
Superficie 162,5 km2
Poboación 2.698.651 (2006)
Densidade 16.607,07 h/km²
Alcalde Adam Kimbiso
Avenida de Samora Machel

Dar es Salaam (en árabe دار السلام), antigamente chamada Mzizima, é a cidade maior de Tanzania cunha poboación estimada de arredor de 2.698.651 habitantes a 1 de xaneiro de 2005. É o principal centro económico e foi a capital do país até 1996. É tamén a capital da rexión homónima.

Sita na costa do Océano Índico, Dar es Salaam é o principal porto de Tanzania, por onde se xestionan as exportacións de café, cotón, pita e peles. As industrias locais comprenden a alimentar, téxtil, cemento e farmacéuticas.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Dar es Salaam está situada aproximadamente a 6°48' S, 39°17' E, na costa do Océano Índico sobre un grande porto natural. Tal localización, próxima á liña ecuatorial e ao mar, fai que a cidade se vexa nun clima tropical, caracterizado por calor e humidade ao longo de case todo o ano. A pluviosidade media anual é sobre 1.100 mm, con dúas estacións chuviosas diferentes, ditas "as chuvias duradeiras" en abril e maio, e as "chuvias curtas" en outubro e novembro. A temperatura media anual e de 25,5 °C.

Historia breve[editar | editar a fonte]

No 1859, o alemán Albert Roscher achégase a Mzizima ("cidade salutífera") e pon os primeiros chanzos para a penetración xermana na zona. En 1866 o sultán Said Majid de Zanzíbar deulle o seu nome actual, unha frase en lingua árabe que significa Porto da Paz. Dar es Salaam comezou a declinar logo da morte de Majid en 1870. Mais poucos anos despois veuse revitalizada, cando en 1887 a Compañía Alemá da África Oriental estabeleceu nela unha escala. O crecemento da cidade foi facilitado ao exercer o papel de centro administrativo e comercial da África Oriental Alemana, á par que a construción da "Liña Ferroviaria Central" fomentaba o seu crecemento industrial nos comezos do século XX.

A África Oriental Alemá pasou a mans británicas a consecuencia da Primeira Guerra Mundial, pasando a ser denominada Tanganica. Dar es Salaam mantén o seu rol de centro administrativo e comercial. So o goberno indirecto dos británicos, desenvolvéronse áreas separadas, europeas (por exemplo Oyster Bay) e africanas (como Kariakoo e Ilala) a certa distancia do centro da cidade. Ademais a actividade de Dar es Salaam atraeu a un grande número de asiáticos, que se asentaron na urbe.

Logo da Segunda Guerra Mundial, Dar es Salaam experimentou un período de rápido crecemento. Despois da obtención da independencia de Tanganica en decembre de 1961, Dar es Salaam continuou a exercer de capital, mesmo cando en 1964 Tanganica e Zanzíbar se uniron para formar Tanzania. Desde 1973 déronse condicións para deslocar a capital a Dodoma, unha cidade situada no interior do país. O proceso de traslado non está aínda completado, entanto Dar es Salaam continúa ser a principal cidade de Tanzania.


Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dar es Salaam