Fame

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nena experimentando a sensación de benestar despois de comer

A fame é a sensación que indica a necesidade de alimento. En condicións de normal alimentación, adoita aparecer unhas 14 horas logo da última comida, aínda que este tempo pode variar moito.

Fisioloxía[editar | editar a fonte]

Fisioloxicamente a fame está producida polos estímulos que exercen certas substancias sobre o noso cerebro. Así por exemplo a hipoglicemia, estimula ó hipotálamo lateral e produce estímulos vagais que nos obriga a comer, mentres que os ácidos graxos, a colecistoquinina e a serotonina estimulan ó hipotálamo ventromedial e prodúcennos a sensación contraria do fame: a saciedade.

Nesta situación, actívanse os procesos necesarios para a consecución de alimento: Actividade do sistema dopaminérxico, dota ó sistema nervioso central dunha claridade no pensamento e na percepción do medio (similar á que a estimulación por drogas poida causar), aumentando a neuroactividade (nalgúns casos rozando a precognición: O depredador adiántase ós movementos da súa presa). Cando a fonte de alimento está localizada, entran en funcionamento as catecolaminas (en concreto a adrenalína), que dotará ó organismo de enerxías de reserva para poder conseguir a fonte de enerxía necesaria.

Síntomas[editar | editar a fonte]

A fame pode causar dor no estómago ou punzadas de fame. Esta dor, que dura entre dúas e tres minutos, é causado por unha alteración nos movementos peristálticos gástricos, os que axudan ó tránsito dos alimentos polo aparello dixestivo. Aparecen entón unhas contraccións intensas e rítmicas (contraccións do fame) que causan a sensación de dor.

Anorexia Metabólica[editar | editar a fonte]

Cando o depredador falla na consecución do obxectivo, o metabolismo reduce os seus procesos, minguando a actividade resultante do depredador e empeorando as súas condicións para un novo intento de conseguir comida. Isto ponlle nunha situación selectivamente desvantaxada. Para recuperarse necesitará atopar unha presa aínda máis débil que a anterior, menos capacitada para sobrevivir, quizais enferma ou ferida. A calidade do alimento que inxere, tamén repercute na súa saúde final. É complicado que as enfermidades entre diferentes especies se contaxien, pero ben temos o caso da gripe aviaria. Nos animais que se alimentan de fontes enfermas ou de baixa calidade, aumentan as posibilidades de ser seleccionados de forma natural á extinción do individuo por enfermidade ou intoxicación.

Unha derivación da anorexia metabólica, no home é a anorexia nerviosa, con síntomas paralelos á metabólica pero baseada na vontade do individuo.

Datos sobre o fame no mundo[editar | editar a fonte]

A maioría das mortes por fame débense a desnutrición crónica. As familias sinxelamente non conseguen suficientes alimentos. Isto, á súa vez, débese á estrema pobreza.

A Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) estima que uns 800 millóns de persoas no mundo sofren de fame e desnutrición, unha cantidade preto de 100 veces maior que o número de persoas que efectivamente morren por esas causas ao ano.

Iniciativas contra o fame[editar | editar a fonte]

O 20 de setembro de 2004, celebrouse a Cume mundial contra o fame, liderada polos gobernos de Brasil, Chile, España e Francia na que mandatarios de 113 países asinaron unha declaración contra o fame.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]