Economía de Tanzania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Tanzania
Moeda Xilín tanzano
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Africana
Datos estatísticos[1]
PIB 73,5 mil millóns (2012)
Posición do PIB 85ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 6,5% (2012)
PIB per cápita 1 700 (2012)
PIB por sector agricultura 27,1%, industria 24,1%, comercio e servizos 48,7% (2012)
Inflación 15,3% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza 36% (2002)
Total da forza de traballo 24.770.000 (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 80%, industria e servizos 20% (2002)
Desemprego dato non dispoñíbel
Industrias procesamento agrícola (azucre, cervexa, cigarro, sisal); minaría de diamante, ouro e ferro, sal mariño, carbonato de sodio; cemento, refino de petróleo, calzados, roupas, produtos de madeira, fertilizantes
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 5 031 millóns (2012)
Produtos de exportación ouro, café, castaña de anacardo, manufacturados, algodón
Principais mercados República Popular China 14,3%, Xapón 7,8%, India 7,8%, Alemaña 6,7%, Emiratos Árabes Unidos 4,5% (2011)
Importacións 9 724 millóns (2012)
Principais produtos importados bens de consumo, máquinas e equipamentos de transporte, materias primas industriais, petróleo crudo
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 3 787 millóns (2012)
Receitas 6 075 millóns (2012)
Despesas 7 670 millóns (2012)
Mercado próximo a Arusha.

Tanzania é un dos países máis pobres do mundo, cun PIB per cápita de soamente 1 700 dólares en 2012. Con todo, a súa economía alcanzou altos índices de crecemento grazas á produción de ouro e o turismo.[1] O país praticamente concluíu a súa transición para unha economía de mercado liberalizada, aínda que o goberno manteña presenza en sectores como telecomunicacións, bancario, enerxía e minaría.[1]

A súa economía é moi dependente de agricultura, sector responsable por 40% do PIB, 85% das exportacións e que emprega o 80% da man de obra. Con todo, a topografía e as condicións climáticas limitan as terras cultivables a só 40% do total. O país sitúase entre os 10% máis pobres do mundo[1].

A industria do país fai principalmente o procesamento dos produtos agrícolas do país, e algúns bens de consumo non durábeis. O Banco Mundial e doadores internacionais teñen axudado con diñeiro a reabilitar a ultrapasada infraestructura e aliviar a pobreza. Debido á axuda internacional e sólidas políticas económicas, o país conseguiu manter o crecemento malia a recesión mundial[1].

Notas[editar | editar a fonte]