África Oriental Portuguesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Província Ultramarina de Moçambique

1498–1975
Bandeira Escudo
Capital Maputo
Lingua Portugués
Goberno Provincia de Ultramar
Xefe de Estado
 • 1498–1521 Manuel I (prim.)
 • 1974–1975 Francisco da Costa (últ.)
Gobernador Xeral
 • 1609–1611 Sancho de Tovar (prim.)
 • 1974–1975 Vítor Crespo (últ.)
Historia
 • Fundación 1498
 • Fin do Imp. Portugués 25 de xuño de 1975
Superficie
 • 1967 784.955 km²
Poboación
 • 1967 est. 7.300.000 
     Densidade 9,3/km²
Moeda Escudo mozambicano

A África Oriental Portuguesa, Provincia Ultramarina de Mozambique ou, oficialmente, Estado da África Oriental,[1] son os nomes que recibiu unha colonia portuguesa situada no sueste da África, na África Oriental, en distintas épocas até a súa transformación no moderno estado independente da República de Mozambique.

Historia[editar | editar a fonte]

Postos de comercio e, máis tarde, colonias portuguesas foron formadas ao longo do litoral da África Oriental en 1498, cando Vasco da Gama atinxiu a costa mozambicana. Lourenço Marques explotou a área que hoxe é a Baía de Maputo en 1544. Unha vez alí, estabeleceuse definitivamente no actual Mozambique, onde pasou a maior parte de súa vida, sendo o seu traballo foi seguido por outros exploradores, mariñeiros e comerciantes portugueses. Algunhas desas colonias foron entregadas ao final do século XIX para seren gobernadas por empresas como a Compañía de Mozambique e a Compañía do Niassa. En 1951, as colonias foron combinadas nunha única provincia no exterior so o nome de Mozambique, como parte integrante de Portugal. A maioría das colonias orixinais deron seus nomes para as provincias do actual Mozambique.

Mozambique, de acordo coa política oficial, non era unha colonia, mais antes unha parte da "nación pluricontinental e multirracial" portuguesa.[2] En Mozambique, así como fixo en todas as súas colonias, Portugal tentou europeizar a poboación local e asimilala á cultura portuguesa. Lisboa tamén quería manter as colonias como socios comerciais e mercados para seus produtos. Os habitantes africanos da colonia acabaron por seren, supostamente, colocados na posición de cidadáns de pleno dereito, con plenos dereitos políticos a través dun proceso de desenvolvemento de longo prazo. Para o efecto, a segregación en Mozambique era mínima se comparaba coa da veciña África do Sur. No entanto, o traballo forzado, a que todos os africanos eran obrigados a facer ,se non pagaban os impostos, non foi abolido até o inicio dos anos 1960.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. de Sousa Cruz, João José (2009). "O Enigma de uma colónia virtual - África Oriental Portuguesa". Consultado o 19 de outubro de 2013. 
  2. Centro de Documentación 25 de Abril, Universidade de Coímbra (ed.). "A Guerra Colonial (1961/1974)". Consultado o 20 de novembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]