Río Ruvuma
| Tipo | río | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Final | |||||
| Localización | océano Índico | ||||
| |||||
| Afluentes | |||||
| Características | |||||
| Dimensións | 800 ( | ||||
| Superficie da cunca hidrográfica | 150.000 km² | ||||
| Medicións | |||||
| Caudal | 475 m³/s | ||||
O río Ruvuma (anteriormente coñecido como Rovuma, como aínda é coñecido en Mozambique) é un río da África oriental que discorre formando durante gran parte do seu curso fronteira entre Tanzania e Mozambique. Ten unha lonxitude duns 800 km, drena unha ampla conca de 155 500 km² e ten un caudal de 475 m³/s na súa desembocadura.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O río Ruvuma nace na parte suroccidental de Tanzania, na rexión homónima de Ruvuma, a uns 50 km ao suroeste da cidade de Songea. O río baixa das ladeiras das montañas Matogaro situadas nunha meseta ondulada, a máis de 900 de altitude, ao leste do lago Nyasa. O río flúe primeiro cara ao oeste, logo vai cara ao sur durante un tramo duns 70 km. Tras recibir pola dereita ao río Msinje, que vén do sur, o Ruvuma torna repentinamente e encamíñase cara ao leste, rumbo que manterá en xeral até o final. A partir de aquí o río será a fronteira natural nunha sección de máis de 650 km entre Tanzania, no norte, e Mozambique, no sur.
No seu camiño cara ao leste, o Ruvuma pasa cerca da base dunha árida meseta escarpada de arenito, situada no norte, da que descenden pequenos ríos de profundas canles na base da meseta (algúns son longos como o Lukimva e o Muhuvesi). Pola ribeira oposta, a dereita, polo sur, o Ruvuma recibe ríos máis longos que veñen de amplos vales do sur, entre eles o Luchulingo, o Lussanhando e o río Lugenda.
Máis abaixo, o Ruvuma varía moito de anchura, contendo en moitas partes grandes illas boscosas que se elevan por encima do nivel das crecidas, e que a miúdo están habitadas. O río é vadeable en moitos lugares na estación seca. O curso inferior do Ruvuma, normalmente ten máis de 500 m de ancho, pero xeralmente flúe a través dun pantanoso vale. A súa foz, ten case 1,5 km de ancho e atópase ao sur da cidade tanzana de Mtwara e ao norte do mozambicano Cabo Delgado.
Ponte
[editar | editar a fonte]En 1975, pouco despois da independencia de Mozambique, propúxose a construción dunha ponte que cruzase o río e unise Mozambique e Tanzania, denominado Ponte da Unidade (Unity Bridge). Fixéronse estudos e algunhas obras a principios de 1980, mais a ponte non rematou por falta de fondos. No 2002, os dous gobernos asinaron un acordo para construír unha ponte de 600 m que cruzase o río. As primeiras pedras colocáronse o 10 de outubro de 2005, tanto en Tanzania como en Mozambique. A construción estaba prevista que rematase 2008, mais aí están.
Antes era posible cruzar o río cun pequeno buque ro-ro (situado na parte de Tanzania), que podía levar 3 jeeps. O transbordador afundiuse no 2008 e non se substituíu. A poboación local ofrece un transporte para os vehículos consistente en tres barcos con táboas atadas. En tempos de secura, o río pode ser vadeado cun adecuado vehículo.
Hai unha pequena ponte construída no 2007, chamada Unity Two, na zona alta do río, preto de Matchedge (Mozambique).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nakayama, Mikiyasu (2003). International Waters in Southern Africa (PDF). United Nations University Press. p. 9. ISBN 9280810774.
