Saltar ao contido

Linguas nilóticas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Linguas nilóticas
 Instancia de
 Subclase de
Propiedades
 Tipoloxía lingüística
Clasificación lingüística
Identificadores
Freebase/m/04n7_f Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX541868
Wikidata

As linguas nilóticas[1] son un grupo das linguas relacionadas que son faladas a través dunha área ancha entre Tanzania e o Sudán do Sur polos pobos nilóticos.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A palabra nilótica fai referencia ao río Nilo ou á rexión do Nilo.[2]

Demográfica

[editar | editar a fonte]

Os pobos nilóticos, quen son os falantes nativos das linguas, orixinalmente migraron dende a área de Gezira no Sudán. Os falantes de linguas nilóticas viven en partes da República Democrática do Congo, Etiopía, Kenya, o Sudán, Sudán do Sur, Tanzania e Uganda.[3]

Subdivisións

[editar | editar a fonte]

Segundo o lingüista Joseph Greenberg, a familia lingüística divídese en tres subgrupos:[4]

Antes da reclasificación de Greenberg, o termo nilótico utilizouse para se referir só ao nilótico occidental, e os outros dous agrupáronse como linguas relacionadas "nilo-hamíticas".[5]

Blench (2012) considera as linguas burun como o cuarto subgrupo das linguas nilóticas.[6] Nas clasificacións anteriores, as linguas estaban incluídas dentro das linguas luo. Starostin (2015) trata as linguas mabaan-burun como "nilóticas occidentais", mais fóra do nivel luo.[7]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para nilótico.
  2. "the definition of Nilotic". Dictionary.com. Consultado o 2016-10-26. 
  3. Payne, Doris. "Nilotic Family". pages.uoregon.edu. Consultado o 2016-10-26. 
  4. Barnard, Alan; Spencer, Jonathan (1996). Encyclopedia of Social and Cultural Anthropology (en inglés). Taylor & Francis. p. 10. ISBN 9780415099967. 
  5. Ki-Zerbo, Joseph (1981). Methodology and African Prehistory (en inglés). UNESCO. p. 306. ISBN 9789231017070. 
  6. Roger Blench (2012) Nilo-Saharan language list
  7. George Starostin (2015) The Eastern Sudanic hypothesis tested through lexicostatistics: current state of affairs (Draft 1.0)