Tippu Tip

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Tippu Tip
Tippu Tip.jpg
Nacemento 1837
  Zanzíbar
Falecemento 13 de xuño de 1905
  Zanzibar
Causa Malaria
Nacionalidade Tanzania
Ocupación comerciante
editar datos en Wikidata ]

Tippu Tip ou Tib, nado co nome de Hamed bin Mohamed bin Juma el-Murjebi en 1837 e finado en Mji Mkongwe (Zanzíbar) o 14 de xuño de 1905, foi un membro do pobo suahili mercador, negreiro, escravista, terratenente e gobernante de Zanzíbar.

Traballando a prol dos sultáns de Zanzíbar, dirixiu numerosas expedicións ao leste e centro de África, nas que participou na trata de negros e no comercio. Ergueu postos de mercado que chegaron até o centro de África.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tippu Tip era fillo de Oman, un tratante de escravos e da filla dun xefe de Unyanyembe. Nas súas expedición encontrouse con algúns famosos exploradores occidentais, como David Livingstone, Henry Morton Stanley, Veney Cameron, Eduard Schnitzer e outros.

Entre 1884 e 1887 Tip reclamou o Congo Oriental, sendo nomeado, en 1887, gobernador do distrito das Cataratas de Stanley, no Estado Libre do Congo, que pertencía, de xeito persoal, ao rei Leopoldo II de Bélxica. Porén, en 1891 estalou unha guerra aberta entre Tippu Tip e o Estado Libre, motivada pola explotación dos recursos do alto río Congo. En 1893 os homes de Tippu Tip perderon a cidade de Nyangwe e logo Ujiji. A guerra acabou en 1894.

Arredor dos anos 1890-1891, Tip regresou a Zanzíbar, onde se retirou. escribiu as súas memorias, que constitúen o primeiro exemplo de literatura en lingua suahili.

Morreu en 1905 na súa casa de Mji Mkongwe (nome suahili, traducido ao inglés como Stone Town ou Zanzibar City), localidade principal da illa de Zanzíbar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Maisha ya Hamed bin Mohammed el Murjebi yaani Tippu Tip kwa maneno yake mwenyewe, kimefasiriwa na W.H. Whitely (toleo la Kiswahili - Kiingereza), East Africa Literature Bureau 1974