Tanganica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tanganica (en inglés Tanganyka) foi unha República de África Oriental, que formou parte da Mancomunidade Británica de Nacións (a Commonwealth) e que levaba o nome do lago Tanganica, que conformaba a súa fronteira occidental. Anteriormente fora colonia alemá. A colonia de África Oriental Alemá foi adxudicada aos británicos coa firma do Tratado de Versalles trala Primeira Guerra Mundial, xa que non foi conquistada a Alemaña. O nome apareceu como Territorio baixo mandato das Tanganyika trala resolución da Sociedade de Nacións en 1922. En 1946 converteuse nun territorio baixo fideicomiso de Nacións Unidas, tamén baixo control británico, e o 9 de decembro de 1961 accedeu á independencia. En 1964, uniuse coa illa de Zanzíbar para formar Tanzania (Tan fai referencia a Tanganyka, e zan a Zanzíbar).