Zona de conservación de Ngorongoro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Zona de conservación de Ngorongoro
Ngorongoro Crater Overview.jpg
Vista panorámica do cráter do Ngorongoro.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísTanzania Tanzania
TipoMixto
CriteriosIV, VII, VIII, IX, X
Inscrición1979 (3ª sesión)
Rexión da UNESCOÁfrica
Identificador39

A Zona de conservación de Ngorongoro é unha zona protexida situada a 180 km ao oeste da cidade de Arusha, nas terras altas volcánicas de Tanzania. A delimitación da zona de conservación vai ao longo da fronteira do Distrito de Ngorongoro.

A zona protexida cobre unha extensión de 8 288 km².

Na Área de Conservación de Ngorongoro atopamos nove volcáns, dos cales só un deles está activo, o Oldoinyo Lengai. Así mesmo, atopáronse dous dos sitios con maior interese de Tanzania e renome mundial, o impresionante Cráter do Ngorongoro e a Garganta de Oldupai, un dos sitios máis importantes para a investigación da evolución da especie humana.

Xeografía e historia[editar | editar a fonte]

Localización en Tanzania.

O Ngorongoro declarouse zona de conservación en 1959 no momento en que se separou do Parque Nacional de Serengueti. A zona converteuse en Patrimonio da Humanidade da Unesco en 1979. O 31 de xullo de 2010, a zona de protección estendeuse aos vestixios arqueolóxicos que se localizaron no parque que inclúen pegadas e restos de homo habilis catalogándose como patrimonio mixto, natural e cultural.[1]

Crese que o cráter do Ngorongoro é a zona delimitada de menor extensión na que é posible atopar aos Cinco Grandes animais.[2]

Vista panorámica do cráter do Ngorongoro.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]