Parque Nacional de Serengueti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parque Nacional de Serengueti
Vista panorámica do Parque Nacional Serengueti.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísModelo:TAN
Localización2°19′58″S 34°34′0″L / -2.33278, -34.56667
TipoNatural
CriteriosVII, X
Inscrición1981 (5ª session)
Rexión da UNESCOÁfrica
Identificador156
Parques e Reservas de Tanzania.

O Parque Nacional de Serengueti (ou Serengeti) é un parque nacional de grandes dimensións (cerca de 40.000 km²) na ecorrexión de Serengueti, no norte da Tanzania, limítrofe con Kenya, na África oriental.

É famoso polas migracións anuais de ñus, cebras e gacelas e outros antílopes que ocorren de maio a xuño. É Patrimonio Mundial da UNESCO desde 1981.[1]

Os cinco grandes animais do parque, así chamados polos cazadores desde hai anos, son o león, o leopardo, o elefante, o rinoceronte e o búfalo cafre. Pero no parque tamén se enciontran xirafas, numerosos antílopes, hienas, guepardos e primates, ademais de máis de 500 especies de aves.

Cerca do parque encóntrase a Garganta de Olduvai, onde se encontraron moitos fósiles e artefactos de homínidos.

Principais especies[editar | editar a fonte]

Os "cinco grandes"[editar | editar a fonte]

  • León: crese que o Serengueti ten a máis grande poboación de leóns de África, en parte debido á gran cantidade de animais que lles serven de presa. Actualmente hai máis de 3.000 leóns vivindo no ecosistema do parque.
  • Leopardo africano: estes predadores son frecuentemente avistados na rexión de Seronera, pero existen en todo o Parque Nacional, e a súa poboación actual é aproximadamente de 1.000 individuos.
  • Elefante africano: as mandas deste animal recupéranse da gran mortalidade dos anos 1980, causada pola caza furtiva, concentrándose no norte do parque.
  • Rinoceronte negro: encóntranse próximos aos inselbergs (montes testemuña) no centro do parque. Quedan poucos individuos, debido á caza furtiva. Ás veces, animais da Reserva Masai Mara atravesan os límites do parque e ingresan no territorio do Serengueti, desde o norte (Kenya).
  • Búfalo africano: aínda abundante, pero o seu número diminuíu debido a enfermidades.

Ouros mamíferos[editar | editar a fonte]

Principais aves[editar | editar a fonte]

Poboacións de animais[editar | editar a fonte]

As poboacións inclúen grandes cantidades de animais: 1.500.000 ñus, 1.000.000 gacelas (entre a gacela de Grant e a gacela de Thomson), 200.000 cebras, 75.000 impalas, 74.000 búfalos, 65.000 topis, 18.000 eláns, 9.250 alcélafos, 9.000 xirafas, 5.000 elefantes, 4.000 hienas, 3.000 leóns e 500 guepardos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxaste tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rodríguez de la Fuente, F. (1970): "3. Los ejércitos viajeros del Serengeti" e "4. Entre búfalos, damaiscos y elcelafos" en Enciclopedia Salvat de la fauna. Tomo I. África (Región etiópica). Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 55–123.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]