Parque nacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe das Illas Cíes, as cales forman parte do único Parque Nacional galego.

O termo parque nacional fai referencia a unha reserva natural, xeralmente de propiedade estatal, que ten como obxectivo básico a preservación de ecosistemas naturais de grande relevancia ecolóxica e beleza, posibilitando a realización de estudos científicos e o desenvolvemento de actividades de educación e interpretación ambiental, de recreación en contacto coa natureza e de turismo ecolóxico.

En Galiza o parque nacional é unha das de categorías das áreas naturais protexidas, e a de maior protección.

Parques nacionais por estados[editar | editar a fonte]

España[editar | editar a fonte]

No estado español existen os seguintes espazos naturais clasificados como "parques nacionais":[1]

Sortable table
Nome Comunidade autónoma Data de declaración Superficie (ha.)
Aigüestortes i Estany de Sant Maurici Cataluña 21/10/1955 14119
Archipélago de Cabrera Illas Baleares 29/95/1991 10021
Cabañeros Castela-A Mancha 20/11/1995 40856
Caldera de Taburiente Canarias 6/10/1954 4690
Doñana Andalucía 16/10/1969 54252
Garajonay Canarias 15/3/1981 3984
Illas Atlánticas Galiza 1/07/2002 8480
Monfragüe Estremadura 2/3/2007 18396
Ordesa e Monte Perdido Aragón 16/08/1918 15696,20
Picos de Europa Asturies 24/07/1918 67127,59
Serra de Guadarrama Madrid, Castela e León 25/7/13 33960
Serra Nevada Andalucía 11/1/1999 85883
Tablas de Daimiel Castela-A Mancha 28/6/1973 3030
Teide Canarias 22/1/1954 18990
Timanfaya Canarias 9/8/1974 5107,50

Galiza[editar | editar a fonte]

No territorio galego só existe un espazo desta categoría, o parque nacional das Illas Atlánticas, que ampara ás illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, todas nas rías Baixas.

Portugal[editar | editar a fonte]

A lexislación portuguesa ten coñecido só ao Parque Nacional de Peneda-Gerês como parque natural. Este forma parte da reserva da biosfera galego-portuguesa Gerês-Xurés.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medioambiente, Goberno de España (eds.). "Red de Parques Nacionales: nuestros parques". 
  2. Instituto da Conservação da Natureza e das Florestas (eds.). "Parque Nacional da Peneda-Gerês".