Saltar ao contido

Ricardo Zamora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ricardo Zamora Martínez»)
Modelo:BiografíaRicardo Zamora

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ricardo Zamora Martínez Editar o valor en Wikidata
21 de xaneiro de 1901 Editar o valor en Wikidata
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de setembro de 1978 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCamposanto de Montjuïc Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol, xornalista, actor Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioEl diví Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
1914–1916 Universitary SC
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1916–1919   RCD Espanyol (0)
1919–1922   FC Barcelona (0)
1922–1930   RCD Espanyol 26(0)
1930–1936   Real Madrid CF 82(0)
1937–1938 Olympique Gymnaste Club Nice Côte d'Azur
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1920–1930   Cataluña 46(0)
1920–1936   España 46(0)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1937–1938 Olympique Gymnaste Club Nice Côte d'Azur
1939–1946   Atlético de Madrid
1946–1949   Celta de Vigo
1949–1951 Club Deportivo Málaga
1952–1952   España
1954–1955   Celta de Vigo
1955–1957   RCD Espanyol
1957–1960   Celta de Vigo
1961–1961   RCD Espanyol
1962–1962   RCD Espanyol Editar o valor en Wikidata
Participou en
1934Mundial de Fútbol Italia 1934
1924Xogos Olímpicos de 1924
1920Xogos Olímpicos de 1920 Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosRicardo Zamora de Grassa Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0952708 BNE: XX1165602 Olympic.org: ricardo-zamora FIFA: 44774 Find a Grave: 25054307 Editar o valor en Wikidata

Ricardo Zamora Martínez, nado en Barcelona o 21 de xaneiro de 1901 e finado na mesma cidade o 8 de setembro de 1978, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección española. Estaba alcumado como El Divino e na súa honra faise o Trofeo Zamora.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como xogador

[editar | editar a fonte]

Tras formarse no Universitari SC fichou polo RCD Espanyol aos 16 anos, tras un breve paso polo FC Barcelona entre os anos 1919-1922 volveu ao Espanyol, de onde marcharía en 1930 ao Real Madrid, o seu último equipo en España. Co comezo da Guerra Civil Española foi detido e encarcerado no cárcere Modelo de Barcelona polo Goberno da Segunda República e acabou exiliándose primeiro na Arxentina e despois en Francia, onde se retirou xogando nas filas do OGC Nice.

Foi internacional coa Selección de fútbol de Cataluña e coa de Selección de fútbol de España en 46 encontros, disputando os Xogos Olímpicos de Antuerpen 1920, París 1924 e Ámsterdam 1928 e o Mundial de Fútbol Italia 1934.

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Estreouse como xogador-adestrador no seu último ano no OGC Nice na tempada 1937-38.

Xa de volta en España trala Guerra Civil dirixiu ao Atlético de Aviación, actual Atlético de Madrid co que gañou a Liga nas tempadas 1939-40 e 1940-41. Despois vestiu as cores do Celta de Vigo, CD Málaga, RCD Espanyol e das seleccións de España e Venezuela.

Zamora dirixiu ao Celta en tres etapas. A primeira entre os anos 1946 e 1948, a segunda entre 1953 e 1955 e a terceira a finais da tempada 1959-60.

Chegou ao club para substituír o técnico galego Armando e o primeiro ano levou ao equipo a cuartos de final da Copa do Xeneralísimo onde perdeu ante o Athletic de Bilbao.

A segunda tempada foi a de máis éxito, onde acadou a mellor clasificación da historia do club na Liga xunto coa 2002-03, ao rematar na 4ª posición. Ademais o equipo chegaría á final da Copa 1947-48, encontro que perdeu por 4-1 ante o Sevilla FC, acabando o encontro con nove xogadores e despois de xogar esa mesma semana unha longa semifinal de catro encontros ante o RCD Espanyol. Nese equipo había xogadores do talle de: Pahiño, Hermidita, Gabriel Alonso ou Miguel Muñoz. Unha das moitas polémicas dese encontro foi a exclusión de Hermidita, máximo goleador da historia do club, do equipo. O seu substituto foi Luís Casas Pasarín.

O seu segundo período no equipo vou tras o cesamento de José Iraragorri na 12ª xornada da tempada 1953-54, o equipo salvouse na última xornada cunha vitoria ante o Athletic de Bilbao en Balaídos por 4-2. O seu segundo ano tamén remataría nunha posición similar pero salvando o descenso con máis comodidade. O seu substituto foi Luis Urquiri.

A terceira e última estancia en Vigo foi co equipo en Segunda División e so para a fase de ascenso. Esa tempada non estivo exenta de polémica xa que tras problemas burocráticos coa licenza do adestrador arxentino Enrique Lúpiz tomou a dirección do equipo Baltasar Albéniz, que conseguiu clasificar ao equipo para a fase de ascenso, pero a directiva tentou fichar a Helenio Herrera para eses encontros restantes polo que Albéniz dimitiu e o Celta tivo que recorrer a un home da casa, Yayo e ao propio Zamora para cumprir o obxectivo, cousa que non se logrou ao perder contra o Real Valladolid

A partir de entón so dirixiu ao RCD Espanyol en dous breves períodos de tempo. Trala súa retirada traballou como empregado do club ata practicamente o día da súa morte.

Postumamente obtivo a Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo, e na actualidade os gardametas menos goleados de cada tempada reciben o galardón Trofeo Zamora na súa honra.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Como xogador

[editar | editar a fonte]
Título Ano Equipo
Copa de España 1919-20 FC Barcelona
Copa de España 1921-22 FC Barcelona
Copa de España 1928-29 RCD Espanyol
Liga 1931-32 Real Madrid
Liga 1932-33 Real Madrid
Copa de España 1933-34 Real Madrid
Copa de España 1935-36 Real Madrid

Como adestrador

[editar | editar a fonte]
Título Ano Equipo
Liga 1939-40 Atlético Aviación
Liga 1940-41 Atlético Aviación
Copa Eva Duarte 1940-41 Atlético Aviación

Galardóns individuais

[editar | editar a fonte]
Título Ano Equipo
Trofeo Zamora 1928-29 RCD Espanyol
Trofeo Zamora 1931-32 Real Madrid
Trofeo Zamora 1932-33 Real Madrid

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]