Saltar ao contido

Jorge D'Alessandro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJorge D'Alessandro
Biografía
Nacemento28 de xullo de 1949 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Buenos Aires Editar o valor en Wikidata
Altura191 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaArxentina Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Real Madrid CF
1968–1974   CA San Lorenzo
1974–1984 UD Salamanca 280(0)
  Adestrador Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Real Betis Balompié
2011–2012 Gimnàstic de Tarragona Editar o valor en Wikidata

Twitter: pibedale Editar o valor en Wikidata

Roberto Jorge D'Alessandro di Ninno, nado en Buenos Aires o 28 de xullo de 1949, é un exfutbolista, adestrador e comentarista deportivo arxentino. Xogaba como gardameta.[1]

Como xogador defendeu as camisolas do San Lorenzo de Almagro e da UD Salamanca, sendo gardameta titular durante nove tempadas cos salmantinos na Primeira División de España. Iniciou a súa carreira como adestrador dirixindo o UD Salamanca B en 1989. O seu último equipo como técnico foi a SD Huesca, á que dirixiu en 2013. Na actualidade forma parte do elenco do programa deportivo El chiringuito de Jugones.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como xogador

[editar | editar a fonte]

A súa carreira profesional comezou na súa Arxentina natal co Club Atlético San Lorenzo de Almagro. En 1968 formou parte do histórico equipo de Los Matadores, sendo suplente dos porteiros Carlos Buttice e Agustín Irusta. Pertenceu á disciplina do Ciclón entre 1968 e 1974, coincidindo coa idade dourada do club porteño, que conquistou catro ligas de primeira división.

En xuño de 1974, o San Lorenzo visitou España para enfrontarse á Unión Deportiva Salamanca, con motivo do Trofeo Internacional San Juan de Sahagún. A destacada actuación de D'Alessandro chamou a atención do club español, que decidiu facerse cos seus servizos, aínda que antes tivo que superar a burocracia da Federación Arxentina, que prohibía aos menores de 26 anos xogar fóra do país.[2] D'Alessandro converteuse nun dos xogadores lendarios do club salmantino, ao defender a súa portería durante nove tempadas —sete consecutivas— na Primeira División de España.

Titular indiscutible, só unha grave lesión o apartou do equipo na tempada 1977-78. Sucedeu nun encontro de liga entre o Athletic Club e a UD Salamanca. Nun lance do partido, D'Alessandro sufriu un encontrón que lle produciu un desgarro nun ril. O gardameta puido rematar o encontro con normalidade, mais empezou a sentirse indisposto no autobús de regreso a Salamanca. Ingresado de urxencia, foi sometido a unha nefrectomía. A pesar de lle ser extirpado o ril, quixo continuar a súa carreira, facendo caso omiso das recomendacións médicas.[3] Esa mesma tempada regresou aos terreos de xogo, precisamente coincidindo co partido da segunda volta contra o Athletic Club.

O 13 de outubro de 1983, un novo encontrón volveu afastalo dos terreos de xogo. Desta vez foi un choque co madridista John Metgod, no Estadio Santiago Bernabéu. Sufriu unha lesión de menisco e do ligamento cruzado externo, que o mantivo varios meses afastado da competición.[4] Tras a súa recuperación, non puido desprazar da titularidade o seu suplente, Ángel Lozano, polo que viviu a recta final da tempada desde o banco.[5]

O 17 de maio de 1984 xogou un dos últimos partidos da súa carreira, defendendo a portería dun combinado de futbolistas latinoamericanos que se enfrontou ao FC Barcelona na homenaxe a Cholo Sotil.[6]

Rematada a tempada 1983-84, e tras dez anos ao servizo do club, a directiva unionista decidiu non renovarlle o contrato. O xogador, moi arraigado á cidade de Salamanca, onde abrira o seu propio negocio, rexeitou ofertas para seguir en activo e, con 35 anos, preferiu retirarse e establecerse na capital charra, aceptando a oferta de adestrar no fútbol base da Unión.[7]

En total, vestiu a camisola da UD Salamanca en 334 partidos de Primeira División de España, un récord aínda vixente.

O 16 de decembro de 2019, grazas a unha reclamación recibida polo diario Marca en relación coa regulamentación do Trofeo Zamora, o gardameta hispano-arxentino foi recoñecido polo xornal, 45 anos despois, como cogañador dos trofeos Zamora ao porteiro menos goleado das tempadas 1974-75 e 1976-77.[8][9]

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa carreira como adestrador nas categorías inferiores da UD Salamanca. Na tempada 1989-90 colleu as rendas do filial de Terceira División, o UD Salamanca B, co que loitou polo ascenso a Segunda B.[10]

No verán de 1990 asinou pola UE Figueres, de Segunda División de España. En dous anos levou o modesto club empordanés ao maior éxito da súa historia deportiva: disputar a promoción de ascenso a Primeira División de España. Non conseguiu a xesta do ascenso,[11] mais D'Alessandro converteuse nun técnico cotizado. Na tempada 1992-93, o Real Betis Balompié confioulle o proxecto de devolver o equipo verdibranco á máxima categoría,[12] aínda que non tivo fortuna nesta etapa. Cuestionado o seu sistema polo presidente bético, Manuel Ruiz de Lopera,[13] foi destituído a media tempada, cando o equipo marchaba en sétima posición.[14]

Un ano máis tarde, Jesús Gil deulle a oportunidade de debutar nun banco de Primeira División de España. Tras cesar cinco técnicos en seis meses de competición, en marzo de 1994 Gil apostou por D'Alessandro para sacar o Atlético de Madrid dos postos de descenso a Segunda División de España.[15] Nas nove últimas xornadas os branquivermellos sumaron 12 dos 18 puntos en xogo e remataron a liga na 14.ª posición. A pesar de lograr o obxectivo, o adestrador non renovou o contrato, e o seu posto foi ocupado por Pacho Maturana.

Porén, o técnico colombiano só aguantou cinco meses no banco do Vicente Calderón. En novembro de 1994, Jesús Gil volveu contratar a D'Alessandro, de novo co obxectivo de sacar o equipo da parte baixa da clasificación.[16] Nesta ocasión, o traballo de D'Alessandro non convenceu o mandatario colchoeiro, que lle rescindiu o contrato en febreiro de 1995.[17]

Na tempada 1995-96, a UD Salamanca, que loitaba por salvarse do descenso a Segunda División, contratou a D'Alessandro a falta de trece xornadas para finalizar a liga.[18] O técnico trouxo novos aires ao equipo,[19] mais non conseguiu sacalo da cola da clasificación.[20]

Todo o contrario que na tempada seguinte. D'Alessandro chegou ao CP Mérida, de Segunda División de España, a media campaña,[21] e logrou o ascenso a Primeira División.[22] Con todo, os estremeños só aguantaron un ano na máxima categoría.

En xaneiro de 2000 regresou aos bancos para substituír a Tolo Plaza no Elche CF, da Segunda División de España.[23] Cunha gran segunda volta logrou a permanencia. Non lle valeu para renovar, pero D'Alessandro non tardou en regresar ao club ilicitano, xa que a media campaña 2000-01 foi chamado de novo tras o cesamento de Felipe Mesones.[24] Nesta ocasión non puido mellorar os números do seu antecesor, conseguindo só dúas vitorias en 15 partidos. Foi destituído antes de rematar o curso, deixando o equipo en postos de descenso.[25]

A súa segunda etapa no banco da UD Salamanca iniciouse pouco despois de comezar a tempada 2002-03, desta vez en Segunda División de España. O 13 de outubro de 2002, D'Alessandro foi escollido para substituír o dimisionario Balta,[26] e completou o curso clasificando os salmantinos en sétima posición.[27]

En novembro de 2003 converteuse de novo nun recambio de urxencia, nesta ocasión para sacar o Rayo Vallecano da cola da Segunda División de España.[28] Non logrou remontar a delicada situación, e foi relevado tres meses despois do seu nomeamento.[29][30]

En abril de 2010, a finais da tempada 2009-10, recalou de novo no banco da UD Salamanca para exercer como adestrador na súa terceira etapa salmantina e intentar conseguir a permanencia en Segunda División de España.[31] Nesta etapa contou con Pablo Zegarra como segundo adestrador. Finalmente, tras sumar cinco vitorias, dous empates e tres derrotas en dez partidos, logrou a permanencia na última xornada.[32] Unha vez conseguida a meta de salvar o equipo da súa vida, decidiu non continuar adestrándoo.[33]

O 30 de outubro de 2011 converteuse no novo adestrador do Gimnàstic de Tarragona, de Segunda División de España, substituíndo a Juan Carlos Oliva co obxectivo de lograr a salvación.[34][35] O 6 de novembro de 2011 disputou o seu primeiro partido á fronte do equipo catalán e conseguiu golear por 5-0 o CE Sabadell.[36] Nas seguintes xornadas remontou ata alcanzar o 19.º posto, a só catro puntos da zona de permanencia.[37] Porén, a reacción freouse aí e finalmente o Nàstic descendeu a Segunda B.[38] Consumado o descenso, D'Alessandro non continuou no conxunto granate.

O 26 de decembro de 2012 oficializouse a súa contratación pola SD Huesca, tamén na categoría de prata e co obxectivo da permanencia.[39] Ao comezo mellorou os resultados do equipo aragonés, que chegou a estar dúas xornadas fóra dos postos de descenso, mais finalmente acabou caendo a Segunda B,[40] e tampouco puido aproveitar a última oportunidade aberta polo descenso administrativo do Guadalajara.[41]

Outros traballos

[editar | editar a fonte]

Comentarista deportivo

[editar | editar a fonte]

Paralelamente á súa traxectoria como adestrador, traballou como comentarista e analista técnico en varios medios de comunicación. Deuse a coñecer nesta faceta xunto ao xornalista José María García na COPE. Despois seguiuno a Onda Cero, onde tamén foi comentarista para Antena 3, a cadea televisiva do mesmo grupo. Tras a retirada de García, colaborou como faladoiro no espazo Punto Pelota, emitido simultaneamente por Radio Intereconomía e Intereconomía TV. Actualmente traballa como contertulio en El chiringuito de Jugones, de Mega.

Como xogador

[editar | editar a fonte]
Club País Anos Partidos Goles
San Lorenzo de Almagro Arxentina 1968-1974 56 0
UD Salamanca España 1974-1984 334 0

Como adestrador

[editar | editar a fonte]
Club País Anos P PG PE PP % v.
UD Salamanca B España 1989-1990
UE Figueres 1990-1992 79 31 27 21 39,24
Real Betis 1992-1993 26 9 10 7 34,62
Atlético de Madrid 1994-1995 28 10 9 9 35,71
UD Salamanca 1996 13 3 0 10 23,08
CP Mérida 1997-1998 60 20 16 24 33,33
Elche CF 2000-2001 34 9 14 11 26,47
UD Salamanca 2002-2003 36 13 17 6 36,11
Rayo Vallecano 2003-2004 13 5 2 6 38,46
UD Salamanca 2010 10 5 2 3 50,00
Gimnàstic de Tarragona 2011-2012 31 6 9 16 19,35
SD Huesca 2012-2013 23 8 5 10 34,78

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Como xogador

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
Primeira División da Arxentina Metropolitano San Lorenzo de Almagro Arxentina 1972
Primeira División da Arxentina Nacional

Como adestrador

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
Segunda División de España CP Mérida España 1996-97

Trofeos amigables

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
Trofeo Villa de Madrid Atlético de Madrid España 1994
Trofeo Teresa Rivero Rayo Vallecano 2003

Distincións individuais

[editar | editar a fonte]
Distinción Ano
Trofeo Zamora 1974-75
Trofeo Zamora 1976-77
  1. Bonelli, Carlos (6 de novembro de 1994). "La cama de Maturana" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán): 4.
  2. Sánchez Gil, José A. (22 de xullo de 1974). "Jorge D'Alessandro" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán): 17.
  3. Rosell, María del Mar (3 de xaneiro de 1978). "A D'Alessandro se le extirpó un riñón". El País (en castelán).
  4. "D'Alessandro, operado felizmente" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán): 36. 21 de outubro de 1983.
  5. Sánchez Gil (14 de abril de 1984). "Orejuela: ¿Otra vez emigrante?" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán): 7.
  6. "7-0: La herida del tiempo" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán): 6. 18 de maio de 1984.
  7. "D'Alessandro: Morriña por Salamanca" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán): 14. 22 de xullo de 1984.
  8. Mf, Ángel (30 de xuño de 2019). "Las sombras del Zamora: 1975 y 77, reivindicación legítima, MARCA. Insisto". Desde mi grada vieja (en castelán). Consultado o 27 de decembro de 2019.
  9. "D'Alessandro recibe 45 años después el Trofeo Zamora a mejor portero de la Liga". Marca (en castelán). 16 de decembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2019. Consultado o 27 de decembro de 2019.
  10. Casademont, Emili (10 de xuño de 1990). "Figueres elige a D’Alessandro" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán): 31.
  11. Zárate, Oscar (22 de xuño de 1992). "El Figueres se queda sin ascenso" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán): 11.
  12. Gómez, Jesús (14 de xullo de 1992). "Jorge D'Alessandro, al Betis" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán): 36.
  13. Gómez, Jesús (26 de xaneiro de 1993). "D’Alessandro, ‘invitado’ a cambiar de línea" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán): 23.
  14. López, José Luis (17 de marzo de 1993). "Betis, Villarreal y Marbella se ‘cargan’ a sus técnicos" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán): 25.
  15. Román, Rogelio (22 de marzo de 1994). "D’Alessandro, el último descubrimiento para intentar evitar el descenso de categoría" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán): 16.
  16. Miguélez, José (2 de novembro de 1994). "D'Alessandro: "El Atlético parecía un equipo de veteranos"". El País (en castelán).
  17. Muñoz, Miguel Ángel (22 de febreiro de 1995). "El 'Pichón' espera al 'Coco'" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán): 24.
  18. García, P.; Martínez, M. (10 de marzo de 1996). "D’Alessandro debuta con el talento de Latorre" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán): 22.
  19. "Hemeroteca de deportes". El Mundo (en castelán). 1 de abril de 1996.
  20. "D'Alessandro dimite". El País (en castelán). 22 de maio de 1996.
  21. Vigario, David (22 de febreiro de 1997). "Rápido relevo a Kresic, D'Alessandro tomó el mando" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán): 31.
  22. Vigario, David (2 de xuño de 1997). "El Mérida regresa a la máxima categoría" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán): 42.
  23. Muntané, Eduard; Romero, Juan Carlos (26 de xaneiro de 2000). "Jorge D'Alessandro será el entrenador" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán): 30.
  24. Romero, Juan Carlos (24 de decembro de 2000). "Otra vez Jorge D'Alessandro" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán): 27.
  25. Romero, J. C. (16 de abril de 2001). "D'Alessandro, fuera" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán): 33.
  26. "D'Alessandro, nuevo entrenador". AS (en castelán). Europa Press. 14 de outubro de 2002.
  27. Andrés, Mariano (29 de xuño de 2003). "Amarga clausura en La Romareda" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán): 30.
  28. "D'Alessandro: "Intentaré devolver la tranquilidad con victorias"". AS (en castelán). EFE. 11 de novembro de 2003.
  29. "Jorge d'Alessandro, destituido como técnico del Rayo Vallecano". Cadena SER (en castelán). 15 de febreiro de 2004.
  30. Soler, Jaume (17 de febreiro de 2004). "Jorge D'Alessandro se despidió de la plantilla" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán): 20.
  31. "Jorge D'Alessandro, nuevo entrenador del Salamanca". Marca (en castelán). 12 de abril de 2010.
  32. Sidro, Javi (20 de xuño de 2010). "Un Salamanca de Plata". AS (en castelán).
  33. "D'Alessandro no seguirá en el Salamanca". Marca (en castelán). 22 de xuño de 2010.
  34. "El Nàstic ficha a D'Alessandro para reflotar al equipo". La Vanguardia (en castelán). EFE. 31 de outubro de 2011. Consultado o 31 de outubro de 2011.
  35. Bernad, M. (1 de novembro de 2011). "D' Alessandro: "Apuesto a que resolvemos esto"". AS (en castelán).
  36. Biescas, A. (7 de novembro de 2011). "El Nàstic ya siente la mano de D'Alessandro". AS (en castelán).
  37. "D'Alessandro sigue sin perder con el Nástic" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán): 30. 27 de novembro de 2011.
  38. "El Nàstic baja a Segunda B". Sport (en castelán). 19 de maio de 2012.
  39. Pardina, José María (26 de decembro de 2012). "D'Alessandro ficha por el Huesca". Marca (en castelán).
  40. "El Huesca desciende pese a su cómoda victoria ante el Xerez". AS (en castelán). EFE. 2 de xuño de 2013.
  41. "El Huesca desciende a Segunda B". Heraldo de Aragón (en castelán). EFE. 8 de xuño de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]