Juan Carlos Ablanedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ablanedo II
Información persoal
Nome Juan Carlos Ablanedo Iglesias
Nacemento 2 de setembro de 1963
Lugar de nacemento Mieres
Altura 177 centímetros
Posición gardameta
Carreira xuvenil
Sporting de Gijón
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1981–1984 Sporting de Gijón B 94 (0)
1983–1999 Sporting de Gijón 401 (0)
Selección nacional
1981–1982 España sub-18 10 (0)
1984–1986 España sub-21 12 (0)
1986–1987 España sub-23 2 (0)
1986–1991 España 4 (0)
Na rede
FIFA: 174323 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Juan Carlos Ablanedo Iglesias, coñecido como Ablanedo II, nado en Mieres o 2 de setembro de 1963, é un exfutbolista español. Gardameta histórico do Sporting de Gijón, xogou 458 partidos oficiais co equipo asturiano ao longo de 17 tempadas, sendo o quinto futbolista con máis partidos disputados na historia do club, e gañou tres veces o Trofeo Zamora. Foi internacional coa selección española, coa que participou en dúas Copas do Mundo, en 1986 e 1990, se ben en ambas foi suplente de Zubizarreta.

É irmán do tamén exfutbolista do Sporting José Luis Ablanedo, coñecido como Ablanedo I, que xogaba como defensa central e co que compartiu equipo durante case toda a súa carreira.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

Ingresou con dez anos na Escola de Fútbol de Mareo e, tras pasar polos equipos infantil e xuvenil do Real Sporting de Gijón, chegou ao filial do club, o Sporting Atlético, en 1980.[1] Suplente na súa primeira tempada na Terceira División, fíxose coa titularidade na seguinte, xa en Segunda División B e ocupou a portería do equipo ata 1984, disputando un total de 100 partidos. Gañou a Copa da Liga de Segunda B na tempada 1982/83.

Sporting de Gijón[editar | editar a fonte]

Debutou co primeiro equipo na Primeira División o 2 de xaneiro de 1983 no Molinón, despois de que o porteiro José Aurelio Rivero fose expulsado nun partido ante o Espanyol.[2] Na tempada 1983/84 volveu defender a portería do Sporting nos partidos correspondentes ás dúas últimas xornadas de competición, ante o Betis e o CD Málaga,[3][4] así como durante a Copa da Liga.[5]

De cara á campaña campaña 1984/85 incorporouse definitivamente ao primeiro equipo do Sporting,[5] e foi titular durante os seguintes anos, excepto nalgúns períodos nos que sufriu lesións, entre elas unha rotura do menisco e do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito.[6]

Na súa primeira campaña como xogador do primeiro equipo, disputou 33 encontros e encaixou 22 goles, cifra que lle serviu para conseguir o seu primeiro Trofeo Zamora ao porteiro menos goleado da liga.[7] Na tempada 1985-86 repetiu o mesmo éxito tras recibir 27 goles nos 34 partidos de liga que disputou.[8] Ademais, o 18 de setembro de 1985 debutou na Copa da UEFA na eliminatoria de 1/32 de final que enfrontou ao equipo asturiano contra o FC Köln.[9]

Tras completar o servizo militar no verán de 1989,[10] regresou ao equipo titular na sétima xornada da tempada 1989–90 nun partido disputado no estadio da Romareda ante o Real Zaragoza.[11] Ao final desa mesma campaña conseguiu o seu terceiro Trofeo Zamora con 25 goles encaixados en 31 encontros.[12] En abril de 1991 sufriu unha nova rotura do ligamento cruzado, esta vez no xeonllo esquerdo,[13] polo que estivo sete meses de baixa.[14] A súa recuperación coincidiu co bo estado de forma do seu compañeiro Emilio Isierte, que chegou a establecer a marca de maior número de minutos sen encaixar un gol na historia do club (697),[15] polo que Ablanedo non participou en ningún partido de liga na tempada 1991/92.

Recuperou a titularidade na campaña 1992/93, aínda que unha fractura de mandíbula producida durante un partido de Copa do Rei contra o Rayo Vallecano,[16] provocou a súa ausencia entre xaneiro e marzo de 1993.[17] No curso 1993/94 ampliou o seu historial de lesións cunha luxación no ombreiro dereito que o obrigou a ser operado para arranxar a posición da súa clavícula,[18][19] polo que non puido competir durante un período de cinco meses.[20] A pesar de participar con regularidade nas tres tempadas seguintes, foi relegado á suplencia polo técnico Novoa trala xornada 21 da campaña 1997/98 nun intento de reverter a marcha do equipo, que aínda non sumara ningunha vitoria na competición.[21][22] O seu último partido en Primeira División tivo lugar o 15 de marzo de 1998 nun derbi no Molinón ante o Oviedo.[23]

Despois do descenso do Sporting a Segunda División, decidiu seguir un ano máis no club,[24] aínda que só xogou dous partidos da tempada 1998-99. Ao remate da mesma puxo fin a súa carreira deportiva,[25] despois de 15 tempadas no club asturiano e 458 partidos oficiais, o que o converte no quinto futbolistas con máis partidos na historia do club.[26]

Selección española[editar | editar a fonte]

Foi internacional coas categorías xuvenil e sub-21 da selección española e gañou a Eurocopa sub-21 de 1986, tras vencer na final a Italia.[27] Nesta detivo dous dos tres lanzamentos italianos desde o punto de penalti, na quenda que decidiu o campión do torneo.[28]

Xogou ademais catro partidos coa selección absoluta, coa que debutou o 24 de setembro de 1986 durante un partido contra Grecia no Molinón.[29] Ademais foi convocado para participar nas Copas do Mundo de México 1986 e Italia 1990,[30][31] aínda que non xogou ningún partido en ningunha delas, pois o gardameta titular era Zubizarreta.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Sporting Atlético
Individual

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cuéllar, José Manuel (28 de abril de 1986). "Ablanedo, el nuevo Zamora". ABC (en castelán). p. 54. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  2. Allongo, Jenaro (4 de xaneiro de 1983). "El empate hubiera sido un resultado justo". Mundo Deportivo (en castelán). p. 9. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  3. Ríos, Ricardo (23 de abril de 1984). "3-0: festival Calderón". Mundo Deportivo (en castelán). p. 18. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  4. Allongo, Jenaro (30 de abril de 1984). "2-0: cómodo triunfo del Sporting". Mundo Deportivo (en castelán). p. 17. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  5. 5,0 5,1 Allongo, Jenaro (9 de xullo de 1984). "Ablanedo II, alta en el Sporting". Mundo Deportivo (en castelán). p. 8. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  6. Allongo, Jenaro (28 de xaneiro de 1989). "Ablanedo, cinco meses K. O.". Mundo Deportivo (en castelán). p. 24. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  7. "El portero más seguro 1984/85". Mundo Deportivo (en castelán). 22 de abril de 1985. p. 28. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  8. "El portero más seguro 1985/86". Mundo Deportivo (en castelán). 21 de abril de 1986. p. 28. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  9. "0-0: el Gijón se encerró en el "búnker". Mundo Deportivo (en castelán). 19 de setembro de 1985. p. 12. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  10. Allongo, Jenaro (6 de agosto de 1989). "Sporting: un solo portero para iniciar la Liga". Mundo Deportivo (en castelán). p. 18. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  11. Gil, Ricardo (15 de outubro de 1989). "Sirakov y Juanito remataron las fiestas del Pilar". Mundo Deportivo (en castelán). p. 12. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  12. Marca (2012). "Liga BBVA. Trofeos MARCA". Guía MARCA de la Liga 2013 (en castelán) (18): 201. ISSN 1575-4707. 
  13. Allongo, Jenaro (1 de maio de 1991). "El Sporting de Gijón se queda sin guardametas". Mundo Deportivo (en castelán). p. 15. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  14. Gascón, Javier (5 de decembro de 1991). "Ablanedo II, luz al final del túnel". Mundo Deportivo (en castelán). p. 24. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  15. Allongo, Jenaro (7 de xaneiro de 1992). "Ablanedo no quiere ser segundo". Mundo Deportivo (en castelán). p. 18. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  16. Allongo, Jenaro (8 de xaneiro de 1993). "Ablanedo, con una rotura de mandíbula, K. O.". Mundo Deportivo (en castelán). p. 20. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  17. Allongo, Jenaro; Muñoz, Miguel Ángel (14 de marzo de 1993). "Ablanedo II reaperece en Gijón ante el Atlético". Mundo Deportivo (en castelán). p. 20. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  18. Allongo, Jenaro (23 de novembro de 1993). "Ablanedo II, tres meses K. O. por luxación de hombro". Mundo Deportivo (en castelán). p. 20. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  19. Bribián, Jordi (27 de novembro de 1993). "El coraje de un pequeño gran portero". Mundo Deportivo (en castelán). p. 24. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  20. Allongo, Jenaro (9 de abril de 1994). "Ablanedo II reaparece en la portería del Sporting". Mundo Deportivo (en castelán). p. 14. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  21. Calleja, José Luis (25 de xaneiro de 1998). "Novoa decide dejar fuera a Ablanedo". Mundo Deportivo (en castelán). p. 20. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  22. Miedes, José María (30 de xaneiro de 1998). "Entrevista a Ablanedo". Mundo Deportivo (en castelán). p. 14. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  23. Márquez, Manuel (16 de marzo de 1998). "El derbi, para el Oviedo". Mundo Deportivo (en castelán). p. 29. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  24. "Ablanedo sigue en el Sporting". Mundo Deportivo (en castelán). 16 de maio de 1998. p. 63. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  25. Salinas, José Luis (18 de xaneiro de 2009). "Ablanedo para el golpe" (en castelán). Consultado o 5 de maio de 2022. 
  26. Domenech, Oriol (18 de xuño de 1999). "Ablanedo se despide". Mundo Deportivo (en castelán). p. 31. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  27. Allongo, Jenaro (23 de maio de 1985). "Ablanedo: la gran sorpresa de Miguel Muñoz". Mundo Deportivo (en castelán). p. 44. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  28. "¡¡¡Campeones!!!". Mundo Deportivo (en castelán). 30 de outubro de 1986. p. 3. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  29. Torras, David (25 de setembro de 1986). "3-1: son los mismos, pero parecían dormidos". Mundo Deportivo (en castelán). p. 3. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  30. "Convocatoria da selección española para o Mundial de 1986". FIFA (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 2 de abril de 2015. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  31. "Convocatoria da selección española para o Mundial de 1990". FIFA (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 2 de abril de 2015. Consultado o 5 de maio de 2022.