O cemiterio de Montjuïc (en catalán:Cementiri de Montjuïc) é o maior do termo municipal de Barcelona, e ocupa a práctica totalidade da ladeira sur da montaña de Montjuïc. Ten unha superficie duns 567934 metros cadrados e unhas 152774 sepulturas. Abrangue practicamente toda a parte sur da montaña. Xa durante a Idade Media, na montaña había un cemiterio exclusivo para xudeus.[1]
O camposanto foi inaugurado en marzo de 1883. Esta obra foi posible debido á expansión demográfica unida á forza económica da burguesía barcelonesa. Este grande espazo viu suplir o problema que se suscitaba na cidade coa falta do mesmo nos pequenos camposantos de barrio repartidos pola cidade, que por unha parte xa non podían crecer debido á presión urbanística dos seus arredores, e que ademais esgotaran xa a súa capacidade de inhumación. Camposantos históricos como os de Poblenou, Horta, Sant Gervasi, Les Corts, Sant Andreu, foran quedándose pequenos para a cidade, e Montjuïc era a solución momentánea a este problema. Posteriormente pasaría o mesmo co novo camposanto, pois a cidade seguía crecendo demograficamente e o espazo libre íase acabando. Houbo que abrir un novo camposanto fóra do termo municipal de Barcelona, que tivese un uso como camposanto metropolitano. Así naceu o Camposanto de Collserola, no termo de Cerdanyola del Vallès.
Hai unha placa conmemorativa facendo referencia ó día 17 de marzo de 1883, cando foi bendicido o recinto católico. Do deseño do camposanto encargouse o arquitecto municipal Leandre Albareda. O eclecticismo é o trazo arquitectónico máis característico neste camposanto: un eclecticismo mimético, por unha parte, combinado co carácter innovador que dará paso ó modernismo.
Mapa-Guía dels personatges il·lustres del Cementiri de Montjuïc. Ed. Institut Municipal dels Serveis Funeraris DL (Ajuntament de Barcelona), 2006.
Jaume Nolla i Margarita Puig. Morts il·lustres als cementiris de Barcelona: tot el que cal saber dels que ens han precedit, Ed. Angle, 2007, ISBN 978-84-96970-14-4
Neus Aguado. Guia del Cementiri de Montjuïc, Ed. Institut Municipal dels Serveis Funeraris DL (Ajuntament de Barcelona), 1993.