Agustín Rodríguez Santiago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Agustín
Información persoal
Nome completo Agustín Rodríguez Santiago
Nacemento 10 de setembro de 1959 (59 anos)
Lugar Marín, Galicia
Altura 1,92 m.
Posición Porteiro
Carreira xuvenil
1975–1978 Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1978–1980 Castilla 49 (0)
1980–1990 Real Madrid 76 (0)
1990–1994 Tenerife 55 (0)
Total 180 (0)
Selección nacional
1978 España sub-18 6 (0)
1979 España sub-19 3 (0)
1979–1980 España sub-20 5 (0)
1978–1982 España sub-21 11 (0)
1980–1982 España sub-23 2 (0)
1979–1980 España afeccionado 3 (0)
1981 España B 1 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Agustín Rodríguez Santiago, nado en Marín o 10 de setembro de 1959, é un ex futbolista galego. Xogaba de porteiro e foi internacional nas categorías inferiores da selección española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do Real Madrid e pasou ao primeiro equipo na tempada 80-81, estreándose na primeira división o día 4 de abril de 1981 contra a UD Salamanca por mor dunha lesión de Mariano García Remón, o porteiro titular do equipo.

Entre 1981 e 1983 xogou con regularidade, conseguindo o trofeo Zamora na tempada 82-83 ao encaixar 25 goles en 29 partidos. A pesar dese bo comezo perdeu a titularidade ante a competencia de Miguel Ángel, Ochotorena e Francisco Buyo. Volvería recuperar o posto de titular na segunda metade da tempada 85-86 debido á lesión de Ochotorena, chegando a xogar dous partidos da Copa da UEFA, un deles o da final contra o 1. FC Köln, no que o Real Madrid gañou 5-3.

Agustín deixou o equipo ao remate da tempada 89-90 e fichou co CD Tenerife. Durante os seus catro anos no mesmo o equipo clasificaríase por ver primeira para unha competición europea (a Copa da UEFA).

Retirouse no ano 1994 despois de xogar 131 partidos en primeira división, e tras o seu retiro foi adestrador de porteiros durante un breve período de tempo no CD Tenerife.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]