Javier Urruticoechea
Urruti | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Francisco Javier González Urruticoechea | ||
Nacemento | 17 de febreiro de 1952 (71 anos) | ||
Lugar de nacemento | Donostia | ||
Falecemento | 24 de maio de 2001 | ||
Lugar de falecemento | Esplugues de Llobregat | ||
Posición | Porteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
SD Lengokoak | |||
Real Sociedad | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
San Sebastián CF | |||
1973–1978 | Real Sociedad | 70 | |
1978–1981 | RCD Espanyol | 121 | |
1981–1987 | FC Barcelona | 157 | |
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Francisco Javier González Urruticoechea máis coñecido coma Urruti, nado en Donostia o 17 de febreiro de 1952 e finado en Esplugues de Llobregat (provincia de Barcelona) o 24 de maio de 2001 foi un futbolista vasco que xogaba na demarcación de gardameta. Foi un dos porteiros da liga española con maior prestixio dos anos 80 e foi internacional coa selección de fútbol de España.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou xogando no SD Lengokoak pasando pronto a xogar no San Sebastián CF, filial da Real Sociedad. No ano 1973 debuta co primeiro equipo e ao ano seguinte afianzábase na portería, dándolle o relevo a José Ramón Esnaola Laburu. Nos seus comezos no equipo vasco competiu pola titularidade con Pedro María Artola ata a chegada á titularidade de Luis Miguel Arconada, que faría que tanto Urruti coma Artola deixaran o equipo para fichar por RCD Espanyol e FC Barcelona respectivamente.
Chegou ao RCD Espanyol comezada a tempada 1977/78, facéndose coa titularidade dende o primeiro momento. As súas boas actuación fixeron que fichase polo FC Barcelona de cara á tempada 1981/82 para substituír o que xa fora compañeiro seu na Real Sociedade, Pedro María Artola. Xogando nas filas do Barcelona gañou o Trofeo Zamora ao porteiro menos goleado da Primeira División.
Co tempo na portería catalá substituiríao o tamén porteiro vasco, Andoni Zubizarreta.
Coa selección de fútbol[editar | editar a fonte]
A pesar de ir convocado a tres Mundiais (Arxentina 78, España 1982 e México 1986) non chegou a debutar en ningún deles, ao igual que na Eurocopa de Fútbol Italia 1980, a causa da titularidade indiscutíbel de Luis Miguel Arconada. En total so disputou cinco encontros coma titular, encaixando 6 goles.
Debutou en Xixón o 29 de marzo de 1978 ante Noruega, con vitoria de España por tres a cero.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Campionatos estatais[editar | editar a fonte]
Copas internacionais[editar | editar a fonte]
Título | Equipo | País | Ano |
---|---|---|---|
Recopa de Europa | FC Barcelona | ![]() |
1982 |
Distincións individuais[editar | editar a fonte]
Distinción | Ano |
---|---|
Trofeo Zamora | 1984 |
- Nados en Donostia
- Nados en 1952
- Gardametas de fútbol
- Futbolistas do País Vasco
- Xogadores da Real Sociedad B
- Xogadores da Real Sociedad
- Xogadores do RCD Espanyol
- Xogadores do FC Barcelona
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Xogadores da selección de fútbol do País Vasco
- Finados en accidente de tráfico
- Gañadores do Trofeo Zamora
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1978
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1982
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1986