Guinea-Bisau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
República da Guiné-Bissau
República de Guinea-Bisau
Bandeira de Guinea-Bisau Escudo de Guinea-Bisau
Bandeira Escudo
Lema: Unidade Luta Progresso

Unidade Loita e Progreso

Himno nacional: Esta é a Nossa Pátria Bem Amada
 
LocationGuineaBissau.svg
 
Capital
 • Poboación
Bissau
355.000 hab. (2004)
Cidade máis poboada Bissau
Linguas oficiais
Portugués
Forma de goberno República presidencialista
pendente de elixir
Carlos Gomes Júnior
Independencia
de Portugal

24 de setembro de 1973 10 de setembro de 1974

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 137º
36.120 km²
12 %
724 km km
350 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 146º
1.413.446
50 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 169º
US$ 1.182'000.000
US$ 856
IDH (2003) 0.348 (172º) – Baixo
Moeda Franco CFA (XOF)
Xentilicio Guineano, guineana
Fuso horario UTC
Dominio de Internet .gw
Prefixo telefónico +245
Prefixo radiofónico J5A-J5Z
Código ISO 624 / GNB / GW
Membro de: CPLP, UA, ONU
Tódolos países do mundo

Guinea-Bisau[1] é un estado de África Occidental, sitúase na costa do continente dende o Cabo Vermello ata a punta Cagete. con 36.125 km² de superficie, limita ao norte con Senegal, ao leste e sueste con Guinea, e ao sur e oeste co Océano Atlántico. Alén do territorio continental, o país ten tamén unhas 40 illas que constitúen o Arquipélago dos Bixagós, separado do continente polas canles de Geba, Pedro Álvares, Bolama e Canhabaque.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia da Guinea Bisau.

Guinea Bisau foi previamente unha parte do reino de Gabú, pertencente ao Imperio Malí; partes do reino existiron ata o século XVIII. A pesar dos rios e costa desa área teren sido unha das primeiras partes colonizadas polos portugueses, o interior só foi explorado a partir do século XIX. Unha rebelión comezada en 1956 polo Partido Africano pola Independencia da Guiné e Cabo Verde (PAIGCV) consolidou o seu control sobre o país en 1973. A independencia foi declarada unilateralmente o 24 de setembro de 1973, e só recoñecida na Revolución dos Cravos, en 1974. O país foi controlado por un consello revolucionario ata 1984. As primeiras eleccións pluri-partidarias aconteceron en 1994, mais un golpe militar en 1998 depuxo o presidente e mergullou o país nunha guerra civil (1998-1999). Eleccións novamente ocorreron e en 2000, Kumba Yalá foi electo.

En setembro de 2003, outro golpe militar aconteceu, e desta vez o presidente Yalá foi preso, alegándose que el era incapaz de resolver problemas. Despois de ter sido adiada por innúmeras veces, eleccións lexislativas aconteceron en abril de 2004. Un motín en diversas faccións das forzas armadas en outubro de 2004 resultou na morte do comandante mor das forzas do país, causando conmoción por todo o país.

En 2005, João Bernardo Vieira foi electo presidente do país. Gobernou ata o 2 de marzo de 2009, cando foi asasinado. Raimundo Pereira asumiu o poder interinamente o día seguinte.

Despois da morte de Vieira, os militares prometeron respecto ás regras de sucesión establecidas na constitución do país. Ocorreron eleccións o 28 de xuño de 2009[2] que foron vencidas por Malam Bacai Sanhá, o cal asumiu o poder o 8 de setembro do mesmo ano[3]. En novembro de 2011 Sanhá foi trasladado a París gravemente enfermo, e faleceu na capital francesa o 9 de xaneiro de 2012, logo de pasar varios días en coma[4]. O 26 de decembro, estando Sanhá hospitalizado, sufriu un golpe de estado, que non tivo éxito.

Política[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Política da Guinea Bisau.

Na Guinea Bisau, en 1989, o partido no poder (PAIGCV-Partido Africano pola independencia da Guinea e do Cabo Verde) baixo control do presidente Vieira comezou o un programa de liberalización política, reformas que abriron camiño para unha democracia pluri-partidaria que incluíu a exclusión de varios artigos da constitución que privilexiaban o papel de liderado exercido polo PAIGC. As leis permitiron a formación doutros partidos políticos, prensa libre, e sindicatos independentes, con permiso de folga.

As primeiras eleccións pluri-partidarias a presidente e parlamento na Guinea Bisau aconteceron en 1994. Logo despois da fin da guerra civil 1998-1999, unhas novas eleccións foron convocadas, levando ao poder Kumba Yalá, líder da oposición e o seu partido, PRS. Ialá foi deposto nun pacífico golpe en setembro de 2003, asumindo o posto Henrique Rosa. A transición da Guinea Bisau á democracia é complicada pola súa debilitada economía, devastada pola guerra civil.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Guinea-Bissau está dividida en oito rexións (regiões) e un sector autónomo (sector autónomo). Estes á súa vez están subdivididos en trinta e sete sectores. As rexións son:

Mapa das rexións de Guinea-Bissau

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía de Guinea-Bisau.
Principais cidades (hab).
Bisau (404.119)
Bafatá (22.899)
Gabu (14.727)
Bissorã (12.827)
Bolama (10.803)
Cacheu (10.584)
Catió (10.115).

O país ten baixa altitude; o seu punto máis alto está a 300 metros (sempre por enriba do nivel do mar). O interior é formado por sabanas, e a costa é unha planicie pantanosa. O seu período de choivas alternase con períodos de calor, seca vida do Sáhara. O arquipélago de Bixagos estendese ao longo da costa.

Clima[editar | editar a fonte]

Mapa de Guinea Bissau.

O país ten clima tropical; normalmente quente e húmido; estación chuviosa (do tipo monzónica de xuño a novembro) con ventos suroestes; estación seca (decembro a maio) con ventos secos de tipo harmattan procedentes do Sáhara).

O terreo é en xeral unha planicie, que se converte en sabanas cara ao leste.

Elevacións máximas[editar | editar a fonte]

  • Punto máis baixo: Océano Atlántico (0 m)
  • Punto máis alto: no canto nordeste do país (300 m)

Recursos Naturais[editar | editar a fonte]

Peixe, madeira ,fosfatos, bauxita, depósitos aínda non prospectados de petróleo.

Uso da terra:

  • Terra arable: 11 %
  • Plantacións permanentes: 1 %
  • Pastos permanentes: 38 %
  • Forestas e bosques: 38 %
  • Outros: 12 % (estimativa de 1993)

Terra irrigada: 17 km² (estimativa de 1993)

Problemas naturais[editar | editar a fonte]

Néboa quente, seca e empoeirada vinda do deserto que reduce a visibilidade durante a época seca; Queimas.

Entre os problemas ambientais están a [[deforestación]; erosión do chan; sobrepastoreo; pesca predatoria.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Guinea-Bisau.

É un dos 10 países máis pobres do mundo, situación que ficou peor cunha guerra civil no 1998. O principal produto exportado é o anacardio (en portugués, caju, un tipo de froita tropical) que responde por 70% das exportacións. Tamén exporta camarón, peixes, arroz e madeira. A industria case non existe, e o turismo carece de divulgación e infraestruturas para recibir visitantes. O país ten dificultade ata de realizar un Censo Demográfico por falta de recursos.

A moeda do país é o Franco CFA, moeda tamén do Senegal, co valor fixado ao Euro a 655,96 Francos CFA por 1 Euro.

Cultura[editar | editar a fonte]

A música de Guinea-Bisau pertence polo xeral ao gumbe, xénero musical de natureza polirrítmica, o cal é a exportación musical máis relevante. Con todo, a inestabilidade da sociedade e o relativamente pequeno desenvolvemento do mesmo fixeron que o gumbe e outros xéneros asociados non logren transcender as fronteiras e chegar ás grandes audiencias.

A calabash é o instrumento musical máis popular en Guinea-Bisau, o mesmo constrúese utilizando o froito seco do porongo, utilízallo para crear música con complexas características rítmicas. As letras das cancións son polo xeral en linguaxe crioulo (kriolu) de raíces portuguesas. Son comúns cancións con contido humorístico ou sobre determinadas temáticas, relacionadas con eventos cotiáns ou controvertidos, especialmente a SIDA.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]