Kirguizistán
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
Кыргызстан (ky) | |||||
Himno | Himno nacional de Kirguizistán | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Gwerddon ar y Ffordd y Sidan Ysblennydd» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Bixkek | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.694.200 (2021) (33,48 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua rusa kirguiz | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 199.951 km² | ||||
Auga | 3,6 % | ||||
Punto máis alto | Pico Jengish Chokusu (pt) (7.439 m) | ||||
Punto máis baixo | Kara Darya (pt) (132 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1991 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | República parlamentaria | ||||
• Presidente (pt) | Sadyr Japarov (pt) (2021–) | ||||
Órgano executivo | Cabinet of Ministers of Kyrgyzstan (en) | ||||
• Primeiro ministro | Akylbek Japarov (pt) (2021–) | ||||
Órgano lexislativo | Consello Supremo , (Escano: 120) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 8.740.681.889 $ (2021) | ||||
Moeda | som kirguiz | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .kg | ||||
Prefixo telefónico | +996 | ||||
Teléfono de emerxencia | 101, 102, 103 e 161 (pt) | ||||
Código de país | KG | ||||
Páxina web | gov.kg… | ||||
Kirguizistán[1] é un país de Asia Central. Extremadamente montañoso, poboado orixinariamente por poboacións nómades. Foi república da URSS, e volveuse independente despois da fin desta última, no 1991. Dirixido entre 1990 e 2005 por Askar Akaiev, o país está hoxe[cando?] en día nunha situación política confusa despois da revolución dos tulipáns que atravesou.
Historia
[editar | editar a fonte]A rexión correspondente ao Kirguizistán foi poboada no século XV e século XVI polos kirguiz, un pobo nómade turco orixinalmente situado, hai 2000 anos, no nordeste de Mongolia e que primeiro se desprazara cara ao sur da Siberia entre o século VI e o século VIII, e logo cara á rexión de Tuva ata o século XIII. O islam converteuse na relixión principal da rexión contra o século XII; a maior parte de kirguiz son musulmáns sunnitas da escola hanafita.
Ao comezo do século XIX, o sur do territorio cae baixo o control do Khanato de Kokand. Foi formalmente incorporado ao Imperio Ruso no 1876. A represión de varias revoltas empuxa a un certo número de habitantes a emigrar cara a Afganistán e á China.
En 1918, fundouse un soviet dentro da rexión e a oblast autónoma Kara-Kirguiz creouse no 1924 no seo da URSS. No 1926, convértese na República Socialista Soviética Autónoma de Kirguizistán. No 1936, a República Socialista Soviética de Kirguizistán foi integrada coma membro da URSS.
Despois das revoltas políticas sobrevidas a partir da fin dos anos 1980 na Unión Soviética, organizáronse eleccións libres no Kirguizistán en 1990, que dan a vitoria a Askar Akaiev no posto de presidente en outubro do mesmo ano. O país troca de nome e convértese na República do Kirguizistán en decembro de 1990, mentres que Frunze, a capital, foi rebautizada co seu nome presoviético de Bixkek en febreiro de 1991.
Logo do intento de golpe de estado en Moscova que marcou a fin da URSS, o Kirguizistán vota pola independencia da URSS o 31 de agosto do 1991. Adhírese porén á Comunidade de Estados Independentes á fin dese mesmo ano.
No curso dos anos seguintes, o poder, sempre ostentado por Askar Akaiev, faise visiblemente cada vez máis autoritario. As eleccións lexislativas do 27 de febreiro e do 13 de marzo de 2005 foron denunciadas coma fraudulentas, particularmente polos observadores da OSCE. Os problemas comezaran a finais de marzo cando se transformaran rapidamente no sur do país en manifestacións pedindo a dimisión do goberno; o 24 de marzo, 15 000 manifestantes partidarios da oposición asaltan o edificio da presidencia despois dos rumores en canto á fuxida do presidente Akaiev fóra do país. É a «Revolución dos Tulipáns».
Na fin de marzo do 2005, os xefes da oposición estableceron un goberno interino e prometeron proceder rapidamente a unhas novas eleccións a fin de acadar unha lexitimidade definitiva.
Política
[editar | editar a fonte]A Constitución de 1993 define o estatuto político do país coma unha república democrática. O poder executivo está composto polo presidente e por un primeiro ministro. O poder lexislativo é bicameral. O poder xudicial componse dunha Corte suprema, dunha Corte constitucional, Cortes locais e un procurador xeral.
En marzo 2002, estoupan os problemas no distrito de Aksi con manifestacións pedindo a liberación dun opositor político. A represión comandada polo primeiro ministro Kurmanbek Bakiev mata seis persoas. Pouco despois, o presidente Akaiev acepta a dimisión de Bakiev das súas funcións e substitúeo por Nikolai Tanaiev. O presidente Askar Akaiev lanza unha reforma constitucional, á que foi convidada a oposición e a sociedade civil, que a conclúen en febreiro do 2003 cun referendo, verdadeiramente cheo de irregularidades. As emendas á constitución transforman entre outros o parlamento bicameral nun parlamento unicameral de 75 cadeiras a partir das eleccións de febreiro 2005.
Despois da «Revolución das Tulipas» que segue a estas eleccións, o goberno interino prometeu novas estruturas políticas e arranxar certos problemas constitucionais. A dimisión forzada do antigo presidente Askar Akaiev é aceptada polo Parlamento kirguiz o 11 de abril do 2005. Esta decisión permite unha nova elección presidencial o 10 de xullo do 2005.
Subdivisións
[editar | editar a fonte]Kirguizistán está dividido en 7 rexións ou oblastary (en singular, oblasty) e unha cidade (shaary). Os seus centro administrativos levan xeralmente o mesmo nome (excepcións entre parénteses na lista que segue):
Rexión | Capital | Área (km²) |
Poboación (2005) |
Mapa |
---|---|---|---|---|
1. Bixkek (shaar) | Bixkek | 127 | 900 000 | |
2. Batken | Batken | 16 995 | 400 400 | |
3. Chuy | Bixkek | 20 200 | 818 000 | |
4. Jalal-Abad | Jalal-Abad | 33 700 | 962 200 | |
5. Naryn | Naryn | 45 200 | 269 700 | |
6. Osh | Osh | 29 200 | 1 299 500 | |
7. Talas | Talas | 11 400 | 216 100 | |
8. Isiq-Köl | Karakol | 43 100 | 450 700 | |
Kirguizistán | Bixkek | 198 500 | 5 316 600 |
Xeografía
[editar | editar a fonte]Kirguizistán é un país de Asia central, encadrado pola China ao leste e sueste, Casaquistán ao norte, Uzbekistán ao oeste e Taxiquistán ao suroeste. Cunha superficie de 198 500 km², o país está totalmente encravado e non ten acceso ao mar.
O país é case totalmente montañoso; ao leste, a cadea do Tian Xan marca a fronteira coa China e culmina a 7.439 no Pico Pobedy (Vitoria en ruso), que é o cumio do país. Ao oeste, as cadeas do Fergana (ao norte) e do Pamir Alay (ao sur). A cadea do Pamir Alay culmina no Pico Lenin de 7 134 m.
Estea zonas montañosas dividen en dous ao país, o norte e o sur; estes dous non se comunican máis que por portos situados a máis de 2.700 m de altitude.
As cidades do Kirguizistán sitúanse nas zonas máis baixas do país. Ao norte, a capital Bixkek atópase a 800 m.
Ao leste está o lago Ysik forma un pequeno mar interior de 6.332 km² a 1.620 m de altitude, o segundo máis grande lago de montaña do mundo (despois do lago Titicaca). Profundo de 702 m, o lago está salgado e non se conxela no inverno.
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía de Kirguizistán.
O Kirguizistán é un país dabondo pobre, cunha economía baseada na agricultura. Antes da caída da URSS no 1991, o 98 % das exportacións do Kirguizistán eran destinadas a Union soviética; despois da caída desta, freouse considerablemente a produción do país ao comezo dos 1990. Reformas importantes foron acometidas (o Kirguizistán foi a primeira república do antigo bloque soviético en ser admitida na Organización Mundial do Comercio en decembro do 1998).
A agricultura é o principal sector de actividade do país, empregando en 2002 a metade da poboación e producindo o 35,6% do PIB.
Kirguizistán exporta principalmente metais non-ferrosos e das minerais, produtos manufacturados en la e agrícolas, enerxía eléctrica etc. As importacións comportan do petróleo, do gas natural, metais ferrosos, produtos químicos etc. Os seus socios comerciais principais son Rusia, Casaquistán, China, os Estados Unidos, Uzbekistán e Alemaña.
Demografía
[editar | editar a fonte]O 69,5% da poboación é de orixe kirguiz, un grupo étnico turco presentando influencias mongois e chinesas e estando historicamente constituído por bergares semi-nómades.
Poboación (2003, fonte : Banco mundial de institutos estatísticos): 5 millóns de habitantes
Esperanza de vida (2003: Banco mundial de institutos estatísticos): 68,6 anos
Taxa de alfabetización de adultos (2001): 97 %
Renda nacional bruto por habitantes en dólares (2003, está.): 340
Cultura
[editar | editar a fonte]Tradicionalmente un pobo nómade, os kirguiz, seguen ligados a estas tradicións e ao modo de vida nómade está aínda mantido considerablemente, mentres que a liberdade que el implica ten un impacto sobre a mentalidade do país.
A relixión principal é o islam sunnita, da escola hanafita.
A lingua kirguiz pertence ao grupo das linguas turcas. No 1924 introducíuse un alfabeto baseado no alfabeto árabe, que foi substituído polo alfabeto latino en 1928. En 1941 adoptouse deinitivamente o alfabeto cirílico.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para kirguiz.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Kirguizistán |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Kirguizistán". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.