Gascuña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un mapa de Gascuña, que mostra unha ampla definición da rexión. Outras definicións poden abarcar unha área máis pequena.

Gascuña[1] (/ˈɡæskəni/; francés: Gascogne [ɡaskɔɲ]; occitano: Gasconha [ɡasˈkuɲɔ]; éuscaro: Gaskoinia) foi unha provincia do suroeste do Reino de Francia que sucedeu ao Ducado de Gascuña (6021453).[2] Desde o século XVII ata a Revolución Francesa (17891799), formou parte da provincia combinada de Güiena e Gascuña.[3] A rexión está vagamente definida, e a distinción entre Güiena e Gascuña non está clara; algúns consideran que se solapan, e outros consideran a Gascuña unha parte de Güiena. A maioría das definicións sitúan a Gascuña ao leste e ao sur de Bordeos.

Agora está dividida entre a rexión de Nova Aquitania (departamentos de Landas, Pireneos Atlánticos, suroeste de Xironda e sur de Lot e Garona) e a rexión de Occitania (departamentos de Gers, Altos Pireneos, suroeste de Tarn e Garona e oeste de Alta Garona).

Gascuña estivo historicamente habitada por persoas relacionadas cos vascóns que puideron ter falado unha lingua semellante ao éuscaro. O nome Gascuña provén da mesma raíz que a palabra vasca Wasconia. Dende a Idade Media ata hoxe fálase o gascón, aínda que está clasificada como unha variante rexional da lingua occitana.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gascón.
  2. "The Duchy of Vasconia". kondaira.net. Consultado o 2023. 
  3. "Chapter One: The Development of Southern French and Catalan Society 718-1050". libro.uca.edu. Consultado o 2023-04-05. 
  4. Pierre Bonnassie, Juan José Larrea (1998). La Navarre du IVe au XIIe siècle: peuplement et société. De Boeck Université. pp. 123–129.