Calabria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCalabria
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 39°00′N 16°30′L / 39, 16.5Coordenadas: 39°00′N 16°30′L / 39, 16.5
EstadoItalia Editar o valor em Wikidata
CapitalCatanzaro Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.947.131 (2019) Editar o valor em Wikidata (127,92 hab./km²)
Lingua usadaLingua napolitana Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie15.221,9 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónFrancisco de Paula (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano executivoGovernment of Calabria (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• President of Calabria (en) Traducir Editar o valor em WikidataRoberto Occhiuto (en) Traducir (2021–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoRegional Council of Calabria (en) Traducir Circunscrición: 5, (Escano: 30) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2IT-78 Editar o valor em Wikidata
Código NUTSITF6 Editar o valor em Wikidata
Identificador ISTAT18 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Buenos Aires
Amán (2003–) Editar o valor em Wikidata

Sitio webregione.calabria.it Editar o valor em Wikidata

Calabria[1][2] (en calabrés Calàbbria, en grecánico (o dialecto grego falado na Calabria) Calavrìa e en grego Καλαβρία) é unha rexión da Italia meridional de dous millóns de habitantes, con capital en Catanzaro. Limita ao norte coa Basilicata. É a rexión máis ao sur da Península Itálica, ao suroeste un brazo de mar sepáraa de Sicilia. A rexión forma a punta da "bota" que forma a península. Está bañada ao oeste polo mar Tirreno, ao leste polo mar Xónico, ao nordeste polo golfo de Taranto e ao suroeste está separada de Sicilia polo estreito de Messina. A distancia entre o cabo Peloro en Sicilia e punta Pezzo en Calabria é só de 3,2 km.

Orografía[editar | editar a fonte]

Igrexa en Reggio Calabria (Calabria)

Na superficie calabresa dominan os outeiros, que se estenden polo 49,2% do seu territorio. Tamén ten amplas zonas montañosas que cobren o 41,7% da rexión. No norte está a parte meridional do macizo do Pollino na fronteira coa Basilicata. No nordeste a cadea costeira que se estende entre a costa tirrénica e os profundos vales dos ríos Crati e Savuto que a separan do altiplano da Sila. No centro-norte está a Sila, un amplo altiplano boscoso que se estende cara o sur até a Marcellinara. Baixo o istmo de Marcellinara, comezan as serras calabresas, que se estenden cun duplo aliñamento montañoso até xuntarse directamente co Astromonte. O cumio máis elevado destas serras, o Monte Pecorar chega aos 1420 m. Entre as chairas de Santa Eufemia de Gioia Tauro érguese o monte Poro (710 m). Ao sur érguese o Aspromonte, cuxo cumio máis elevado, o Montalto acada os 1955 m. As chairas cobren o 9% do seu territorio e son todas de escasa extensión.

Centro histórico de Scilla en punta d'Italia (Calabria)

Os golfos calabreses son:

En Calabria hai dúas illas, ámbalas dúas ao longo da Riviera dei Cedri, na costa tirrénica:

Clima[editar | editar a fonte]

O clima calabrés é xeralmente de tipo mediterráneo. O litoral xónico é máis seco e árido que o tirrénico, que presenta un tempo máis temperado. As temperaturas en xeral non baixan dos 10 °C na costa e non superan os 40 °C. Ao longo dos Apeninos o clima é case de tipo alpino. Os invernos son fríos e neva, sendo os veráns frescos.

División administrativa[editar | editar a fonte]

Provincias de Calabria.

A rexión divídese en cinco provincias:

Provincia Poboación
(hab.) [cando?]
Cosenza 727.694
Reggio Calabria 563.912
Catanzaro 366.647
Crotone 172.171
Vibo Valentia 167.628

As cidades máis poboadas da Calabria son:

Cidade Poboación
(hab.) [cando?]
Reggio Calabria 184.179
Catanzaro 94.381
Lamezia Terme 70.188
Cosenza 69.868
Crotone 60.673

Lingua[editar | editar a fonte]

A poboación calabresa fala o dialecto calabrés, pero carece de oficialidade, sendo unicamente oficial o italiano. Por causa das variadas raíces históricas da rexión, existen zonas da Calabria onde aínda se falan dialectos doutros idiomas. No norte fálase un dialecto do napolitano, mentres que no sur da rexión hai numerosas semellanzas do dialecto local co siciliano. Até o século XVI o grecánico era falado en toda a Calabria meridional, pero hoxe só perdura nos concellos de Bova, Roghudi e Gallicianò (na provincia de Reggio Calabria) e nalgúns barrios de Reggio, histórico bastión do grego en Italia. As estradas das cidades da área grecánica aínda teñen a dobre nomenclatura en italiano e grecánico. Noutras zonas, máis restrinxidas, tamén se falan dialectos do albanés e no concello de Guardia Piemontese fálase o occitano.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para calabrés.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 112. ISBN 84-8158-266-2. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]