Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo bengalí
Nome orixinal
বাঙ্গালী, বাঙালি (bn)
Personalidades bengalís ó longo da historia
Instancia de
Subclase de
Estudado por
Lingua materna
Linguas faladas
Relixión
Poboación
230.000.000
(2000)
Wikidata C:Commons
Os bengalís [ 10] (en bengalí : বাঙালি ) son un grupo étnico indoario orixinario da rexión de Bengala , no sur de Asia, specificamente na parte leste do subcontinente indio , no presente dividida entre Bangladesh e os estados indios de Bengala Occidental , Tripura e o val de Barak en Assam . Falan bengalí , unha lingua da familia indoaria . O termo "bengalí" tamén é empregado para describir á poboación de Bangladesh como unha nación.[ 11]
Os bengalís son o terceiro grupo étnico meirande do mundo, despois dos chineses han e os árabes .[ 12] Alén de Bangladesh e os estados indios de Bengala Occidental, Tripura e Assam, tamén hai poboación de maioría bengalí no territorio das illas Andaman e Nicobar así como en Chittagong Hill Tracts (que orixinalmente non formaba parte de Bengala ), con poboacións significativas en Arunachal Pradesh , Delhi , Chhattisgarh , Jharkhand , Meghalaya , Mizoram , Nagaland e Uttarakhand .[ 13] Existe unha importante diáspora bengalí en todo o mundo, con comunidades importantes en Paquistán , nos Estados Unidos de América , no Reino Unido , no Canadá , no Oriente Medio , no Xapón , en Corea do Sur , en Malaisia , Singapur e Italia .
Teñen catro grupo relixiosos principais: musulmáns, hindús, cristiáns e budistas.
Sengupta, Nitish (1 de novembro de 2002). History of the Bengali-Speaking People . Ubs Pub Distributors Ltd. p. 554. ISBN 978-8174763556 .
Ray, R. (1994). History of the Bengali People . Orient BlackSwan. p. 656. ISBN 978-0863113789 .
Ray, Niharranjan (1994). History of the Bengali people: ancient period . Universidade de Míchigan : Orient Longmans. p. 613. ISBN 9780863113789 .
Ray, N (2013). History of the Bengali People from Earliest Times to the Fall of the Sena Dynasty . Orient Blackswan Private Limited. p. 613. ISBN 978-8125050537 .
Das, S.N. (1 de decembro de 2005). The Bengalis: The People, Their History and Culture . p. 1900. ISBN 978-8129200662 .