Bengala Occidental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 22°34′N 88°24′L / 22.567, -88.400

Bengala Occidental
West Bengal in India (disputed hatched).svg
EstadoIndia India
CapitalCalcuta
 • Poboación4 496 694
Lingua oficialbengalí e nepalí
Forma de gobernoEstado
Gobernador
Keshari Nath Tripathi
26 de xaneiro de 1950
SuperficiePosto 14 de 29º
 • Total88 752 km²
PoboaciónPosto 4 de 29º
 • Total91 347 736 (2011)[1] hab.
 • Densidaden/d
XentilicioBengalí
Fuso horarioUTC-5:30
Dominio de Internet.in
Código ISOn/d

Bengala Occidental é un estado indio localizado no leste do país, no Golfo de Bengala. É o cuarto estado máis poboado do país, con arredor de 91 millóns de habitantes (segundo o censo de 2011). Ten unha área de 88 752km2. Forma parte da rexión etnolingüística de Bengala, limitando con Bangladesh polo leste e con Nepal e Bután polo norte. Comparte fronteira con cinco estados indios: Odisha, Jharkhand, Bihar, Sikkim e Assam. A súa capital é Calcuta, a sétima cidade máis poboada da India. Xeograficamente, Bengala Occidental inclúe a rexión montañosa de Darjeeling, o delta do Ganxes, a rexión de Rarh e os Sundarbans da costa. O principal grupo étnico é o bengalí, sendo os bengalís hindús a maioría demográfica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Registrar General & Census Commissioner, India (ed.). "Area, population, decennial growth rate and density for 2001 and 2011 at a glance for West Bengal and the districts: provisional population totals paper 1 of 2011: West Bengal". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2012. Consultado o 26 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]