Lingua duit
Aparencia
| Lingua duit | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| Propiedades | |||||||
|
Dialecto de
| |||||||
| Clasificación lingüística | |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
A lingua duit é unha lingua morta da familia chibcha, que foi falada polos muiscas que habitaban na actual Boyacá, Colombia. A lingua aparece no nome moderno do asentamento precolombiano de Duitama e no seu último gobernante, Tundama.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]A lingua é coñecida só por un único fragmento analizado polo estudoso Ezequiel Uricoechea en 1871. O lingüista mencionou que o texto analizado era parte dunha obra máis grande que aínda non foi atopado. A partir do curto texto, queda claro que a lingua duit diferenciábase lixeiramente da lingua chibcha dominante na rexión, o muisca, falada polos muiscas no Altiplano Cundiboyacense.[2]
Xa que o muisca non tiña forma escrita, agás polos numerais, non existen textos escritos en lingua duit.[3]
Comparación co muisca e numerais
[editar | editar a fonte]| Galego | Duit | Muisca | Numerais segundo Acosta, Humboldt e Zerda |
|---|---|---|---|
| un | atia | ata | |
| dous | bocha | bosa | |
| tres | meia | mica | |
| Sol | sa | súa | |
| Lúa | tia | chía | |
| estrela | cúrcha | fagua[4] | |
| Terra | coga | quica |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ (en castelán) Biography Cacique Tundama - Pueblos Originarios
- ↑ Uricoechea, Ezequiel (1871). Gramática, vocabulario, catecismo y confesionario de la lengua chibcha, según antiguos manuscritos anónimos e inéditos.
- ↑ Izquierdo Peña, 2009
- ↑ (en castelán) fagua - Muysccubun online dictionary
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Izquierdo Peña, Manuel Arturo (2009). "The Muisca Calendar: An approximation to the timekeeping system of the ancient native people of the northeastern Andes of Colombia (PhD)". Université de Montréal. pp. 1–170. Consultado o 8 de xullo de 2016.
