Linguas arauacas
Aparencia
| Linguas arauacas | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| Propiedades | |||||||
|
Tipoloxía lingüística
| |||||||
| Clasificación lingüística | |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
As linguas arauacas[1] son unha familia de linguas indíxenas de América, estendida por América do Sur e as Antillas. Recibe o seu nome da lingua arauaca. É unha das máis diversas e estendidas de América, no senso de que inclúe máis variedades coñecidas e alcanza unha dispersión territorial maior. Algúns autores postulan que as linguas arauacas propiamente ditas (maipureanas) poderían estar emparentadas coas linguas guahibanas e as arauanas, e para elas emprégase o termo macroarauaco.
A denominación «linguas maipureanas» é equivalente, aínda que ten un uso máis limitado e foi acuñado por Filippo Salvatore Gilii en 1772, provén da lingua maipure, falada no século XVIII en Colombia e Venezuela.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de arauaco, -ca no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |
