Saltar ao contido

Crioulo palenquero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Crioulo palenquero
 Subclase de
Propiedades
 Número de falantes
2788 (2005) Editar o valor en Wikidata
 Estado de lingua da UNESCO
en perigo
Clasificación lingüística
Localización
 Orixinario de
 País
 Mapas
Mapa de distribución
Mapa de localización
Códigos e identificadores
Freebase/m/02hxb6s Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3pln Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5pln Editar o valor en Wikidata
IETFpln Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O palenquero (tamén palenque) é unha lingua crioula baseado no castelán falada en Colombia. O palenquero é a única lingua crioula baseada no castelán de América Latina.[1] É falado polos descendentes dos escravos que se liberaron baixo o liderado de Benkos Biohó a finais do século XVI e comezos do século XVII. O grupo étnico que fala este crioulo estaba formado por unhas 3 000 persoas en 1998, que viven na vila de San Basilio de Palenque, no suroeste de Cartaxena de Indias. O crioulo palenquero está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[2]

Palenquero Galego
Tatá suto lo ke ta riba sielo,
santifikaro sendá nombre si,
miní a reino sí,

asé ño boluntá sí,
aí tiela kumo a sielo.
Nda suto agué pan ri to ma ría,
peddona ma fata suto,
asina kumo suto a se peddoná,
lo ke se fatá suto.
Nu rejá sujo kaí andí tentación nu,
librá suto ri má. Amén.

Noso Pai que estás no ceo,
santificado sexa o teu nome,
veña a nós o teu reino,

e fágase a túa vontade
aquí na terra coma no ceo.
O noso pan de cada día dánolo hoxe;
e perdóanos as nosas ofensas
como tamén perdoamos nós
a quen nos ten ofendido;
e non nos deixes caer na tentación,
mais líbranos do mal. Amén.

  1. Romero, Simon (18 de outubro de 2007). www.nytimes.com, ed. "San Basilio de Palenque Journal - A Language, Not Quite Spanish, With African Echoes - NYTimes.com". Consultado o 13 de febreiro de 2010.
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]