A lingua de sinais da Illa de providencia (tamén coñecida como Provisle) é unha lingua de sinais utilizada na comunidade xorda da pequena illa de Providencia, no oeste do mar Caribe. A illa ten arredor de 5000 habitantes, entre os cales existe unha infrecuente proporción de xordos (5 de cada 1000).[1]
Crese que a lingua de sinais xurdiu a finais do século XIX ou comezos do XX.[2] Os estudos sociolóxicos suxeriron que as persoas xordas na illa son consideradas como inferiores en canto a habilidade mental; as persoas oíntes non falan con eles sobre ideas complexas e mantéñennas nunha posición social marxinal. Se cadra esta é a razón pola cal a lingua de sinais de Providencia é máis sinxela en comparanza con outras linguas de sinais. Outra posibilidade do estado da lingua é que poucas persoas xordas se comunican de maneira directa, o que significa que case todos os sinais está mediados pola poboación oínte.[3]
↑Lattig MC, Gelvez N, Plaza SL, Tamayo G, Uribe JI, Salvatierra I, Bernal JE, Tamayo ML (2008). "Deafness on the island of Providencia - Colombia: different etiology, different genetic counseling.". Genetic Counseling19 (4): 403–12. PMID19239084.
Woodward, James. Attitudes toward deaf people on Providence Island, Journal article in: Sign Language Studies 7:18 (1978), pp.49–68
Woodward, James. Sign languages — Providence Island, in Gallaudet encyclopedia of deaf people and deafness. Nova York: McGraw-Hill, 1987., vol.3, pp.103–104.
Washabaugh, William; Woodward,James; DeSantis, Susan (1978): "Providence Island Sign: A Context-Dependent Language". In: Anthropological Linguistics, vol. 20, 95-109.