A lingua totoró é unha lingua indíxena da familia barbacoana.[1] É falada no concello de Totoró, no departamento do Cauca por algunhas ducias de persoas do grupo étnico totoroez ou tontotuna. O totoró é unha lingua en perigo de extinción xa que, duns 9 mil indíxenas totoró que compoñen o grupo étnico,[2] só algúns deles son falantes da lingua.[3][4] Aínda que existe un forte desexo de recuperar a cultura orixinal,[5] o futuro da lingua non é prometedor. O totoró está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[6]
Dende o punto de vista lingüístico, o totoró está estreitamente relacionado co guambiano, cuxas variantes dialectais serían as linguas de Guambía, Quizgo, Ambaló, Coconuco e Tororó, que conforman o grupo coconucano da familia lingüística barbacoana.
Pabón Triana, Marta (1995): "La Lengua de Totoró: historia de una causa", en Lenguas aborígenes de Colombia (VII Congreso de Antropología; Simposio ‘La recuperación de lenguas nativas como búsqueda de identidad étnica’; Medellín, xuño de 1994), Memorias 3. Bogotá: Universidad de los Andes, Centro Colombiano de Estudios de Lenguas Aborígenes.
Gonzales Castaño, Geny (2019) "Una gramática de la lengua namtrik de Totoró". Tesis doctoral, Université Lumière Lyon 2.