Zoratama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Zoratama
Lugar de nacementoGuatavita
Falecementoanos 1500
Lugar de falecementoLagoa de Guatavita
editar datos en Wikidata ]

Zoratama, tamén soletreado como Soratama, foi unha muller muisca e amante do conquistador español Lázaro Fonte. A súa historia lembra a de Pocahontas, que casou con John Rolfe despois de salvar a vida de John Smith.

Xunto con Lázaro Fonte, Zoratama foi forzada ao exilio e asentáronse en Pasca, Cundinamarca, no do sur do territorio muisca. Despois de informar ao conquistador Gonzalo Jiménez de Quesada da chegada de novos conquistadores, regresaron de novo á capital acabada de fundar, Bogotá, do Novo Reino de Granada.

Segundo a lenda, Zoratama suicidouse e afogou xunto co seu fillo na lagoa de Guatavita.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Zoratama naceu na vila de Guatavita da confederación muisca.[1] Trasladouse á capital dos muiscas do sur, Bacatá antes da invasión dos conquistadores españois. Cando os conquistadores españois chegaron a Bacatá, atoparon o lugar practicamente deserto, xa que Tisquesusa fora informado da chegada dos invasores e marchara cos seus guerreiros guechas a Nemocón. Zoratama permaneceu en Bacatá e foi descuberta polas tropas de Gonzalo Jiménez de Quesada, namorándose do capitán Lázaro Fonte.[2]

Os soldados españois de Jiménez de Quesada comezaron a difundir azueiras sobre Fonte, como que lle estaba a agachar esmeraldas. Nun xuízo improvisado, Fonte foi condenado e castigado coa pena de morte, mais grazas ao seu "avogado", o capitán Gonzalo Suárez Rendón, conseguiu librarse dese castigo. No seu canto, foi desterrado no exilio, nos territorios dos panches, ao oeste dos territorios muiscas. En xaneiro de 1539, Fonte logrou cambiar a súa mudar o lugar do seu exilio a Pasca, en Cundinamarca, e levou a Zoratama canda el.[3]

O centro de Pasca tamén o atoparon deserto, xa que os habitantes temían os invasores, polo que Fonte e Zoratama quedaron nun dos bohíos da vila. Algúns indíxenas quedaron en Pasca e fixéronse cargo de Zoratama e do seu amante. Estando en Pasca, Fonte soubo de novas segundo as cales novos conquistadores españois estaban entrando en terreo muisca; dende a actual Venezuela, Nicolás de Federmann, e dende o sur, Sebastián de Belalcázar.[3]

Fonte escribiu nun anaco de pel de cervo as novas, e enviou a Zoratama de volta a Bacatá para informar a De Quesada da chegada de novos conquistadores. De Quesada perdoou a Fonte e a través de Gonzalo Suárez Rendón devolveulle as súas armas.[4]

Zoratama e Fonte tiveron un fillo mestizo xuntos. Fonte foi enviado nunha expedición para atopar El Dorado en Putumayo e no Amazonas, no sur da actual Colombia. Formou parte do exército de Hernán Pérez de Quesada, irmán de Gonzalo. Por mor da febre e a fame na inhóspita xungla da zona, Fonte morreu.[4]

O gobernador Alonso Luís de Lugo expulsou a Zoratama da encomenda que estaba gardando, e ela e o seu fillo marcharon a Cáqueza e Choachí, onde trataron de obter ingresos vendendo leña. Zoratama marchou posteriormente cara ao norte, a Guatavita, e segundo a lenda suicidouse xunto co seu fillo na lagoa de Guatavita, ao igual que a cacica Guatavita fixera séculos antes.[4]

Lugares co nome de Zoratama[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]