Aquiminzaque
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (chb) Quiminza 1518 (Gregoriano) Hunza, Colombia |
| Morte | 1540 (Gregoriano) Hunza, Colombia |
| Causa da morte | decapitación |
| Zaque | |
| 1537 – 1540 ← Quemuenchatocha | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo muisca |
| Relixión | Relixión muisca e catolicismo |
| Actividade | |
| Ocupación | Zaque |
| Familia | |
| Parentes | Quemuenchatocha, tío |
Aquiminzaque (en muisca: Quiminza) foi o cuarto e derradeiro zaque de Hunza, que hoxe é a cidade colombiana de Tunja. Foi o gobernante da parte norte da confederación muisca cando os conquistadores españois chegaron ás terras altas de Colombia. A súa contraparte zipa na área sur da Confederación muisca foi Zaquesazipa.

Biografía
[editar | editar a fonte]Aquiminzaque era o sobriño do seu predecesor, Quemuenchatocha. O reinado de Aquiminzaque comezou o 2 de agosto de 1537, cando Quemuenchatocha foi feito prisioneiro en Suesca polos invasores casteláns.[1]
Hábil líder dende os seus dous primeiros anos de mando, o seu goberno foi interrompido polos avatares dos conquistadores españois no seu territorio. Nun principio, mantivo colaboración con estes e mesmo se converteu ó catolicismo, mais ó decatarse das esixencias dos conquistadores fronte ó pobo muisca, non tardou en amosar a súa inconformidade e rebelión. Foi executado por Hernán Pérez de Quesada mediante decapitación pública en Hunza.[2] A execución, que era un castigo exemplar para o pobo muisca, continuou coa execucións doutros caciques de Toca, Motavita, Samacá, Turmequé e Sutamarchán.
Coa súa morte chegaría a súa fin a Confederación muisca.
| Predecesor: Quemuenchatocha |
Zaque de Hunza 1537–1540 |
Sucesor: Derradeiro zaque |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- José Antonio de Plaza (1809-1854). Compendio da historia da Nova Granada dende antes do seu descubrimento até o 17 de novembro de 1831. Bogotá: Imp. del Neogranadino, 1850.
