Lingua muellama
Aparencia
| Lingua muellama | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| Clasificación lingüística | |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
A lingua muellama (ou muellamués) é unha lingua morta da familia barbacoana que se falou outrora en Colombia. O muellama pode ter sido un dos últimos dialectos supervivientes do pasto,[1] e coñécese por unha breve lista de vocabulario recollida durante o século XIX, a cal revela que era semellante ó moderno awá pit.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lyle Campbell, Verónica Grondona (ed.). The Indigenous Languages of South America: A Comprehensive Guide. Consultado o 16 de abril de 2021.