Linguas malibú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Malibú
Falado en: Colombia
Rexións: Magdalena
Extinción: sen data
Familia: Sen clasificar
 Malibú
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

As linguas malibú son un grupo lingüístico extinto e pouco estudado composto por linguas que foron faladas ao longo do río Magdalena, en Colombia. Só se conserva algún testemuño de dúas destas linguas, o malibú e o mokaná, polo que se descoñece tanto o número total de linguas como o seu grao de intelixibilidade mutua.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Algúns autores relacionan as linguas malibú co chimila.[1] Porén, o chimila clasifícase no presente como unha lingua chibcha.[2] Ademais, Adelaar e Muysken (2004) sinalan que o parentesco entre o chimila e as linguas malibú non ten un apoio documental sólido, nin tampouco o posible parentesco entre o malibú e o chibcha,[3] e por esa razón deixan ás linguas malibú como linguas non clasificadas.

Tampouco se sabe se todas as linguas chamadas malibú formaban unha familia filoxeneticamente válida, xa que varias das linguas non están documentadas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Loukotka, Čestmír (1968). Classification of South American Indian Languages. Os Ánxeles: UCLA Latin American Center. pp. 244–5. 
  2. Gordon, Raymond G., ed. (2005). Ethnologue: Languages of the World (15th ed.). SIL International. 
  3. Adelaar, Willem F. H.; Pieter C. Muysken (2004). The Languages of the Andes. Cambridge: Cambridge University Press. pp. 52. ISBN 052136275X.