Saltar ao contido

Lingua cofán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua cofán
 Instancia de
Propiedades
 Número de falantes
1700 Editar o valor en Wikidata
 Tipoloxía lingüística
 Estado de lingua da UNESCO
en perigo
Localización
 País
Mapas
Mapa de distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/0bm08x Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3con Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5con Editar o valor en Wikidata
IETFcon Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A lingua cofán (tamén chamada kofan ou kofane; autónimo: a'ingae) é unha lingua indíxena falada polo pobo cofán na provincia de Sucumbíos no nordeste de Ecuador e no sur de Colombia (Nariño e Putumayo).[1]

Malia que o cofán é unha lingua ameazada, está clasificada como lingua en desenvolvemento con arredor de 1400 a 2400 falantes.[2] Existen dúas variedades de cofán: o aguarico (falado en Ecuador) e o San Miguel (falado principalmente en Colombia).[2] Arredor do 60% dos falantes de cofán en Ecuador están alfabetizados na súa propia lingua.[3] O cofán está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[4]

O uso do cofán en Ecuador está conectado co uso da lingua en documentos de dereitos de propiedade da terra e ao ensino bilingüe nas escolas. En Colombia, o cofán está máis ameazado por mor da violencia, os desprazamentos e o matrimonio interracial.[2]

  1. Fischer, R. W. (2007). "Clause linkage in Cofán (A'ingae), a language of the Ecuadorian-Colombian border region". Language endangerment and endangered languages: linguistic and anthropological studies with special emphasis on the languages and cultures of the Andean-Amazonian border area. Indigenous Languages of Latin America (ILLA) 5. Leiden: CNWS Publications. pp. 381–399. hdl:11245/1.277948.
  2. 1 2 3 Gijn, Rik van; Haude, Katharina; Muysken, Pieter (2011-04-29). Subordination in Native South American Languages (en inglés). John Benjamins Publishing. ISBN 9789027287090.
  3. "Cofán". Ethnologue. Consultado o 23 de agosto de 2017.
  4. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]